miércoles, 29 de agosto de 2007

Mudanza.


Voltamos a estar de mudanza. Outra vez caixas arriba e abaixo cheas de roupa , productos de limpeza e changalladas varias. Desta volta a ruleta deixounos estár en Ourense . Nunha cousa estamos de acordo os dous : non vai ser sinxelo . O sinxelo ven sendo fuxir tras dar un golpe , como facían Bonnie and Clyde. Seguro que se tiveran sogra calquera dos dous , en lugar de ser famosos terían montado unha ferretería ou algo así. Por mal que se esté no camiño , os problemas de máis dificil solución están sempre na casa.
É ben sabido que a min Ourense non me desperta ningunha simpatía . Quitando os xeados da Ibense , a librería Torga e as gominolas de Enredos, podían empregar o resto pra facer un ensaio nuclear. Se un día o chegar á cidade me din que unha enchenta do Miño anegou o centro non poño nin o Telediario .
De momento na casa nova non fixemos outra cousa que quitar figuriñas e mobles do século pasado . Non é que non sexa nostálxico (que non o son ) , pero non queremos vivir dentro dun episodio de "Cuentame como pasó" , non sexa o demo que saia do baño e atope no meu salón os Alcantara.
En breve carretaremos as nosas cousiñas e cambiaremos Bazar Orense por Ikea , porcelana por plástico e imitación a madeira por color.
Bromas aparte fainos moita ilusión este cambio , vivir xuntos todo o ano , non ter que facer tantas maletas e deixar que os amigos nos inviten a ver na tele Gran Hermano pola noite , ainda que nos non cenemos.

1 comentario:

Taboada Testa dijo...

HAI MEU DEUS!!!! estades preparados? jaja mira que vivir cerca da sogra, da nai(moito peor...) dos amigos pesaos,....non os de fora....os de ourense....jaja. E ficar en Ourense....asi non hai escapatoria...BUENO ESPEREMOS Q COMA SEMPRE TODO SAI BEN,
pai noso q estas no ceo.....
esto...a de invitados deixadea ben confortable e bonitiña, encantanos o cor laranxa...p dar ideas....