
Seica non somos a única comunidade con problemas de convivencia. En todas partes cocen fabas. Por sorte a nosa veciña sorda do piso de arriba cambiou as pilas do Whisper XL e non voltamos a oir a sua radio.
Blog en construcción. Espazo destinado á cronica dunha mixtura imposible .Quen dixo que vivir en parella era aburrido? Nos non gañamos pra sustos. De momento só viñeron os pintores así que teredes que agardar un chisquiño pra vir tomar un café.








Era moita a expectación que rodeaba esta boda entre Carolina e Carlos.
Tras moitos intentos infructuosos de arrancar de novo o meu USB , esta mañá decidin despachar o contrato que me unía a vodafone. Un rapaz moi atento do departamento de baixas dixome que a incidencia que puxera o día cinco de setembro estaba pechada xa que todo estaba correcto: modem , tarxeta , configuración , programas , cobertura... So faltaba un detalle de nada : que non funciona . Entre tolear e pagar a permanencia prefiro o segundo. En breve sacarei a subasta o meu USB e se non me dan nada por el doullo á miña sobriña pra que lle faga de mesiña de noite á Barbie.
O venres celebrouse unha curiosa reunión de veciños en Tamallancos. Tratábase de chegar a un acordo sobre a reforma do campo da festa. A cousa non pintaba moi divertida pero nin corto nin perezos alí me fun pra facer algo de bulto. Non faltou quen me preguntase "por curiosidad" se era do pobo . Non , dixenlle , pero estou a tempo de selo.
Non podía ser perfecto. A veciña do cuarto piso padece de sordeira. Non é que non nos de pena pero case me daría igual se non fose porque lle gusta escoitar a radio. Seica a moita da xente maior tamén lle gusta durmir ata tarde pero a esta gustalle madrugar.