lunes, 28 de enero de 2008

Cumpleanos de Victor e atugamentos varios.

O sábado foi un dia moi divertido e accidentado. Como ben di María nos non sabemos facer nada de maneira sinxela. Xa facía máis dun mes que non subíamos a Tamallancos e aproveitando que se celebraba o cumpleanos de Victor decidimos ir unha miga antes pra dar unha voltiña pola finca. Facía tan boa tarde que non puiden resistir a tentación e saquei a pasear o Mercedes clásico. Encendeu coma un reloxo e , ó máis puro estilo emigrantes retornados , dimos un paseo polas pistas e polo polígono industrial. Ata aí moi ben a cousa . O malo foi á hora de gardalo. Quixen metelo marcha atrás no garaxe e entre que xirei e busquei o pedal do freno de man , atugouse o coche na terra. Os case cinco metros de limousine quedaron atascados e non saían nin pra adiante nin para atrás. Fixemos un par de intentos de movelo e nada.Xa me vía eu chamando a un tractor para que nos arrastrase.
Menos mal que o veciño da finca do lado viu toda a maniobra e apareceu ó momento pra axudar acompañado dun pinche. Endereitei as rodas , o Pedro (que así se chama o veciño ) subiuse sobre o maletero do coche pra facer contrapeso e ... slissss , o coche saiu sen facer nin amago de quedarse. A tracción traseira tenche estas cousas.
O susto foi bo e despois , ó lembralo , dabame a risa de ver a semellante persoaxe polo retrovisor subido no capó do meu neno.

Antes de cear aínda nos deu tempo de mandarlle unhas partidas ó futbolín no Casimiro que nos regalou un almanaque plastificado a cada un . Eu o meu xa non sei onde o gardei pero Carlos
sacouno do peto polo menos media ducia de veces no que quedaba de día .
Xa pola noite ceamos para unha semana e entre risas e tartas aínda houbo a quen lle entrou unha copiña de licor.

4,35 euros.

De todas as cousas que teño atopado na rúa , esta é de lonxe a máis curiosa. Xa me gustaría saber en que momento a alguen se lle ocurriu descuartizar un billete e tiralo . En fin , e que se fai agora con esto.?

martes, 22 de enero de 2008

Libro viaxeiro


Onte foi un día conflictivo nesta a nosa comunidade. María enfadouse conmigo por razóns que non veñen ó caso e cando viu que eu marchaba da casa , tiroume á cabeza (ela di que ó corpo) un libro de poesía. Eu con moita pericia esquiveino e o pobre baixou polo oco da escaleira tres pisos ata rematar no portal. Nunca Eduardo Pondal se vira nunha igual. Se eso non é amor que baixe Deus é o veña.

Atrasos




O día 11 celebramos en Calvelo o cumpleanos de María nunha das máis multitudinarias festas que se recordan. A pesar dos problemas de loxística propios dunha cena para vinte persoas , a cousa resultou moi divertida . Houbo risas , moitos regalos , doces a cascoporro e como non podería ser de outro xeito , partidas de futbolín que amenazaron con tirar o piso abaixo. Todo o mundo respondeu de maravilla a pesar de que era un venres e moitos tiñan que traballar ó día seguinte e outros tiñan cita collida nas rebaixas. O ano que ven prometemos ter máis espacio e se o presuposto da , contrataremos a Tony Perez y Los Arquinos pra amenizar a velada.

martes, 8 de enero de 2008

E dalle...



Outro cartel apareceu hoxe espetado na porta de entrada ó edificio. Comezo a estar preocupado. Pase o que pase non penso ir a ningunha reunión de veciños...

lunes, 7 de enero de 2008

Auga do grifo.

O outro día deixaron unha pequena probeta na porta da nosa casa co que semellaba unha enquisa sobre a calidade da auga que bebemos . Inocentemente cubrimos o papeliño e enchimos o tubiño con agua do grifo no que resultou ser o xesto máis desafortunado da semana. Ó día seguinte chamounos unha comercial pedíndonos "media horita de vuestro tiempo". Aceptamos de mala gana e o xoves despois de xantar plantouse na casa unha muller enorme , moi faladeira e que ó momento fixo boas migas con Jana.
Puxo a funcionar os seus trebellos e como se viñese a tomar un cafeciño con nos , empezou a charlar de todo canto lle viña á cachola.
Despois dunha exposición detallada de canta enfermidade no mundo hai , e da estreita relación entre estas e a calidade das augas , pasou a facer experimentos na nosa cociña co quimicefa que traía no maletín: mediu o cloro e a conductividade da auga , desmontou o filtro do grifo do fregadeiros , insultou á nosa xarra Brita , fixo unha electolisis cun aparto de andar por casa co que descompuxo a auga e sacou roña a cascoporro , e ata lle diu tempo de fregarnos un coitelo e un garfo. A cousa parecía que non ía rematar nunca e cando viu que eu lle metia presa e a venta non tiña visos de materializarse , mudou de faciana e de estilo. O que ata o momento foran amabilidade e empatía se convertiron en agresividade e mala educación.
Bueno , a todo isto , non dixen que o dichoso purificador costaba a nada despreciable cifra de 2.180 € se o mercabamos no momento , se non 2.680€
O momento máis tenso foi cando , xa fartos de tanto oir falar da malaria , de cañerías que filtran , de choiva ácida e ata de nenos mortos por bañarse en piscinas con cloro , eu lle dixen claramente que non ía tomar unha decisión así , sen pensala , e que non me importaba perder o fantástico desconto de 500€ . "yo este tipo de cosas las pienso antes de tomar una decisión , no me gusta precipitarme" dixen eu , ó que ela me respondeu "el pienso es para los animales , por lo menos en mi pueblo".
Aiquí rematou a exposición e venta . Fíxose un longuísimo e tenso silencio e ela ofreceuse a baixar a fumar un cigarro á rua mentres nos decidíamos. Como lle dixen que NON optou por chamar ó seu xefe dende o noso salón para que nos a puidesmos escoitar:
- Sí , sí , a María le gusta pero Antonio dice que tienen otras prioridades. Ya les digo yo ¿que mayor prioridad puede haber que la salud? ( a miña prioridae era pola fora da casa a ela)
- Ya les digo :si quereis beber esta porquería. (sinalando para o vaso con auga descomposta)
- Los padres de María la tienen y están muy contentos pero como ellos son jóvenes no
piensan en la salud.

Foise case sen despedirse despois de intentar convencernos das bondades da financiación do trasto ese e , por un momento pensei que lle ía mandar unha patada ó arbol de Nadal pero non se atreveu.
Agora faime gracia pensalo pero no momento houbera preferido a certeza dunha pedra no ril por beber auga do grifo á posibilidade de ter que aguantala a ela dez minutos máis.
Sintoo polos vendedores presentes e futuros pero á miña casa non entra niguen máis así venda a salvación eterna.






viernes, 4 de enero de 2008

Patata

Un pouco borrosa pero xa está aiquí a foto que prometeramos da patata que taponou a fuga de gas. Gracias amiga. E agora , ó caldeiro do lixo , que xa foi moita aventura para una patata.

Reflexión

Onte na oficina preguntámoslle a un cliente que tal lle ía a vida dende que se xubilara fai pouco máis dun mes e esta foi a reflexión coa que nos agasallou: " As cousas do nacer , do vivir e do morrer non as pon nadie. Porque si eres negro , o normal é que naceras en África."
Ese día remataronse as aspirinas do botiquín da sucursal.

jueves, 3 de enero de 2008

Lomo

As primeiras fotos sacadas coa Lomo xa están aiquí.

Noite de Fin de ano
Oscar en Calvelo
Eduardo e Barbara estrenando casco na Noiteboa.

miércoles, 2 de enero de 2008

Galiza - Camerún


Gloriosa xornada de futbol a que vivimos en Balaidos o pasado xoves. Nin a tardanza en chegar ó campo dos cameruneses por mor da negociación dunhas primas , nin o frio que facía en Vigo puideron empañar unha tarde tan divertida . Escaso futbol , moitos berros , boa compaña e ambiente de festa e bandeiras a cascoporro. Ó final cheguei á casa as duas e media da mañá. Menos mal que ó días seguinte non había que ir podar.


Superpatata

Hoxe foi un día complicado no fogar dos Tonechos .Unha fuga de gas que non proviña da nosa cadela puxo en alerta ó edificio. O caso é que a nosa simpática veciña do segundo B , esa tan aficionada ó cartelismo libre , chamou hai uns días os do butano para felicitarlle o Nadal e de paso para que lle subiran a pé tres bombonas ata o rellano da sua casa. Xa facía días que as bombonas esperaban pacientemente a entrar no piso e unha delas fartouse e diulle por desincharse.

María tivo que chamar á policia que á sua vez chamou ós bombeiros. Como o noso portal xa é concurrido de por si , creo que se armou un bo barullo.
Pero o máis sorprendente non foi nin de lonxe o problema que ben puido rematar nos telexornais. O sorprendente foi a solución. Os bombeiros traían unha patata que lle encasquillaron á bombona e pousarona na rua ata que se valeirou. (...).
Mira que eu cando mo contou María pensei : Xa verás como traen unha desas narices electrónicas que se mandan os do CSI .Pois non , van e aparecen cunha puñeteira patata. Menos mal que non era unha fuga de auga que estou seguro tamén levan no coche compresas.
Na nosa casa , sobre a mesa do salón , agarda a heróica patata. Mañá , cando recupere a cámara , colgarei unha foto.