lunes, 28 de abril de 2008

Fin da viaxe













Bueno , por onde íamos . Ah si , a cousa quedou en Escocia. Agora , moitos días despois de voltar desa fantástica viaxe , creo que podo ver con máis claridade a pegada que deixou en min. Maís alá das paisaxes vistas , das cidades e pequenas vilas, dos sabores , das mil cousas aprendidas , quedou un fondo pouso de amizade. Amizade e gratitude.
Vivir con Xabi eses días , e gozar da sua compaña fixo por si so que pagara a pena facer tan longa viaxe.
Nos dous derradeiros días percorrimos xuntos unha longa franxa das terras altas nunha ruta que nos levou dende Stirling ata a illa de Skye. Foron días intensos nos que vimos moitos lagos ( entre eles o Lago Ness ) , impresionantes montañas nevadas que semellaban arrancar dende o mar, castelos tan fermosos como o de Elian Donan , vales cheos de cervos , moreas de faisáns e mesmo focas.
Ainda que canso e xa algo morriñento , sentin moita pena ó ter que regresar. A viaxe de volta á casa foi unha pequena tortura , cheo de carreiras e pendiente do reloxo. O Talgo no que viaxaba e que por certo saira de Madrid dende o anden 13 , descarrilou no interior dun tunel xa moi cerquiña de Ourense . A cousa non pasou dun susto pero a madrugada fixose eterna no vagón-cafetería do expreso.


Pereza


Supoño que canto máis tempo pase máis pereza nos dará voltar a escribir no blog. Xa sei , vai moitísimo tempo dende o derradeiro post e xa algún seguidor , que de eses tamén temos , pediu encarecidamente unha actualización.
A vida neste lado do mundo seguiu o seu curso normal . Houbo días grises cargados de choiva e días azuis deses nos que todo semella sair ben. A nosa entrañable Cruela seguiu engraxando a entrada do edificio e mesmo un día a atopamos coa aceiteira das ensaladas e nos dedicou o mellor dos seus sorrisos .
Houbo eso sí moitos cambios. Xente que se mudou a terras lonxanas a traballar , cambios de compañeiros no choio , moreas de millas na estrada , proxectos que empezan unha e mil veces para nunca rematar , e unha chea de cousas que teremos que rescatar dun silencio longo e pesado de máis.
En fin , que arrancamos.