martes, 17 de junio de 2008

Noticias varias

Está visto que o xornal é unha fonte inesgotable de noticias curiosas. Agora vai resultar que o Catastro , que eu pensaba que era unha oficina municipal onde se rexistran os bens , é tamén un método para evitar abusos sexuais.

lunes, 16 de junio de 2008

Gominolas


Onte tras unha intensa mañá de deportes e xa de volta no barrio ocurriunos unha desas pequenas cousas que no fondo son a razón de ser deste blog , e que me fan pensar que o mundo é un lugar extranamente divertido: Mercamos o pan , unhas madalenas e unha bolsa de gominolas na Panadería Tito Rivela e esta foi a conversación entre a dependenta e o seu marido:

- Cóbrales 2,75€.
- 2,75 ?
- Si , que llevan?, solo una bolsa de chuminadas ?
- Si , y una barra.
- Pues 3,75 entonces.

Manda truco . Chuminadas!! O mundo das panaderías está fatal...

O misterio do portelo.


O asunto dos dentes vai pra longo ... Agora resulta que según reza no xornal hai xente disposta a testificar que a muller xa chegou á rifa sen os dentes , e que é todo unha montaxe pra meter máis leña ó lume. Nos nunha análisis "detallada" da fotografía , e co coñecemento empírico do suxeito , atrevémonos a dicir que non só houbo sopapo con pérdida dental , senón que á vista do burato insistimos en que a nosa primeira noticia era exacta , xa que nese portelo collen cando menos dous dentes.
Pero como queira que Xurxo dí que o blog está collendo un ton moi de noticieiro non vou insistir no tema , e ainda que volva a sair na prensa non colgarei outra vez tan terrible testimonio da política rural. Eso sí , direi que La Región nunha mostra de aforro moi en liña cos tempos que vivimos , reciclou o sábado a foto da saida do pleno de Calvos de Randín para documentar un artigo que falaba da folga de transportes e as consecuencias no suministro na Praza de Abastos. En fin , tamén para a posteridade un titular do sabado a modo de xeroglífico adicado ós nosos lectores.













miércoles, 11 de junio de 2008

En venta

Mecajo nela , que nos venden a ponte romana !!!

Aclaración

Era obrigado colgar esta nota de prensa por máis dunha razón. Primeiro pra constatar a veracidade dos incidentes mencionados onte no blog e rectificar ó relativo á vella á que lle saltaron dous dentes. Son os riscos do directo. Como se pode ver na foto nin era tan vella nin eran dous dentes que era un so. Eso si , estratéxicamente situado. Outra razón para colgalo é que me consta que algún que outro lector non tardará en identificar ós feridos (marido e muller) que , dito sexa de paso , interviron nos incidentes representando a bandos opostos . Non se cando eu vos digo que este é un pobo guerreiro é por algo.
Tamén dicir que se ben o noso blog foi inexacto non o é menos o xornal La Región. A muller non perdeu o dente :chimparonllo dun sopapo que pro caso son cousas moi distintas. O dente non está perdido e saben ben del pero o malo é xa non pega no sitio.
Noutro diario de tirada nacional fálase de que os veciños durmiron no Concello pra evitar a entrada da oposición e esta contratou ó Notario de Celanova pra que tomase nota dos insultos que lles proferían, e que uns e outros remataron bañados en ovos. Como se pode ver son un concello pequeno pero de xente moi ocurrente. Canta razón tiñan os de Acuarius cando dician nun anuncio aquelo de "el ser humano es maravilloso".
En canto á telenovela que nos ocupaba estes días somentes unha pequena nova . Á hora do roubo todos os implicados menos un (deixemos a un lado ó que ainda non se deitara ) declararon diante do polígrafo estar durmindo...
¿Adiviñades a quen culpou a máquina?

martes, 10 de junio de 2008

Delirium tremens ( Cluedo II)


Definitivamente o polígrafo foi un timo . Seica enganar á máquina é o máis sinxelo do mundo , e contan as fontes que por non haber non houbo nin gráficos no ordenador. Vamos , que o técnico ben podía estar lendo o Marca por internet mentras falaba cos acusados. Houbo eso sí unha entrevista previa un por un a todos implicados que serviu , non se sabe con que criterio , pra evitar a electrolisis de máis ou menos a metade .
Mesmo o que todos crían principal sospeitoso acudiu á chamada da verdade de reenganche do sábado noite e embriagou ós expertos coa sua elocuencia etílica , sementando dúbidas "on the rocks" a diestro e siniestro.
Eu , meténdome donde non me chaman e en claro perxuicio de este noso blog , aconsellei deixar correr o asunto , dar por perdidos os cuartos e pasar páxina. Pero como xa dixen en anteriores ocasións este é un pobo guerreiro .Non en van hoxe mesmo na moción de censura de Calvos de Randin , a pesar ou gracias á intervención da Garda Civil , a unha vella saltáronlle dous dentes en pleno pleno , valga a redundancia.
Bueno , o caso é que o contrataque está xa planeado e é digno dunha comedia. Os acusados pretenden demostrar a sua inocencia por todos os medios ( contratar un detective que os espie e eles mesmos e ás suas contas é por agora a primeira opción) , e despois co informe da inocencia na man denunciar a "Polígrafos profesionales s.a".
A idea é que se lle saquen as ganas de estafar a máis empresas e de paso recuperar os cuartos pagados que non foron poucos. E se non fan caso "nos veremos en los platós de televisión" (frase real). O que eu che diga , que non se pode ver tanta tele.
E o culpable outro día sen aparecer , claro.

lunes, 9 de junio de 2008

Calamaro querido.

Emocionante e moi divertido o concerto ó que fumos o sábado pola noite en Pontevedra. O noso querido Calamaro non defraudou e nun ton guitarreiro repasou ó longo de máis de duas horas o mellor da sua carreira . Máis delgado que outras veces e acompañado da vella guardia con Tito Davila á cabeza , deixou momentos gloriosos e outros nos que o seu lado máis dylaniano saiu a escena. Como fumos bastante cedo diunos tempo de colocarnos moi cerquiña , entre os maradonianos e unha lexión de rapazol@s . Ó noso carón catro mozos cunha chea de consideración facían unha festa privada de abrazos e saltos e dedicatorias de versos. Mesmo houbo un momento que no fragor da batalla un deles , supoño que por error , agarrou o meu brazo pero eu amablemente declinei unirme á festa. Chegamos a Ourense xa ben entrada a madrugada e o domingo pasei o día cun molesto asubio no oido dereito. Xa sei , son cousas da idade pero ¿non tería que pitarme tamén o outro? .

John Waine II


E o culpable sen aparecer , claro.

Cluedo

Supoño que non é o mesmo que se poñan diante dun detector de mentiras Yola Berrocal ou o Dioni que doce tíos de Xinzo. Ou ben pensado supoño que non é o mesmo mentir sobre se te deitaches con Dinio que mentir sobre se roubaches ou non ós teus compañeiros e socios.
O caso é que o domingo esta comarca estivo a piques de sair nos telediarios ,pero esta vez na sección de sucesos. Por fortuna eston non é Texas e aiquí non é sinxelo facerse cun arma , que se non o tiroteo estaba garantido.
Duchadiños e supoño que cunha copiña de licorcafé no corpo pra calmar os nervos , plantaronse diante do polígrafo os socios e traballadores na percura dun traidor.
Non é difícil imaxinar a tensión do momento. Os electrodos concectados a doce peitos peludos , o brazalete de tomar a tensión en biceps acostumados a cargar sacos de area e o sismografo ese facendo montiñas cada vez que un latexa.
Pero un ten que saber que unha cousa é xogar ó Cluedo e outra é a realidade , e esta rara vez é tan divertida.
Rematada a sesión e pasados pola pineira os nervos dos "presuntos" , a máquina dictaminou que a falla dun había tres culpables. Esto en principio podería ser bo xa que reduce as posibilidades de linchamento , pero non foi así. A máquina sinalou a traizón e coma un cravo a aqueles que tres días antes máis insistíran en contratala , entre eles o fundador da empresa. Si , o mesmo que o venres dicía: "O que fora vaise cagar. Non creo que teña tanta sangre fría."
Unha broma pesada e por suposto cara. Tal vez outro roubo pero esta vez con factura oficial e iva desglosado.
Ninguen creu no resultado da Termomix pero nin que dicir ten que a semente da dúbida prendeu coma unha mecha. De alí non foron a tomar o vermú xuntos , eso é seguro.
Canto mellor houbera sido dar por perdidos os cuartos , por medidas pra que non voltase a suceder e tirar para adiante.
De todos os implicados , o único que saiu gañando foi o calvo do polígrafo , que a bo seguro papou unha boa mariscada a conta de uns incautos.
Moralexa : non se pode ver tanta televisión.
Bendita tecnoloxía.
Continuará...

viernes, 6 de junio de 2008

Caso real.


Hai poucos días apareceu perdida na páxina de sucesos dun xornal local unha pequena noticia. Durante a mañá do domingo un ladrón ou ladróns entraran nas oficinas dunha empresa de Xinzo e roubaran unha cantidade próxima ós 15.000€. Na prensa dicía que desconectaran a alarma e forzaran a caixa pero a cousa non foi exactamente así. O ladrón entrou tecleando correctamente o código de seguridade , abriu coa chave , colleu os cartos agochados na planchada nun oco polo que baixan as tuberías e marchou pechando outra vez con chave...
Así as cousas , e tras a confusión inicial , a policía xudicial fixo unhas pesquisas de trámite pero ó non atopar pegadas e ante a evidencia de que o ladrón era alguén da propia empresa , aparcou o caso.
Oito socios , cinco ou seis traballadores , e un ladrón. O inimigo na casa.
Por cuestións profesionais tocoume vivir de cerca o caso e puiden ver como a desconfianza medraba coma unha mancha de humidade ata bloquear a empresa .
Pero de pronto , cando todo semellaba perdido o xerente veu á oficina cun extrano sorriso. Quero facer unha transferencia , dixo , o domingo vaise saber todo...
Cando vin o beneficiario da transferencia non o podía crer: contratara un polígrafo profesional.
Polo módico precio de 2.2oo€ un técnico virá dende Madrid a conectarlle a máquina da verdade un por un a todos os que teñen acceso ás chaves e preguntarlle: "¿ha robado usted a sus compañeros?" .
Deus , pagaría por estar o domingo alí e poder velo.

miércoles, 4 de junio de 2008

Lenny Kravitz


Menos mal que non se podía entrar con cámaras nin grabar o concerto... O caso é que a nosa cámara foi unha máis .Estivemos en Vigo vendo un dos artistas favoritos de María e disfrutamos de duas horiña dun incrible concerto. Chegamos á casa pasadas as tres da mañá e ó día seguinte o despertador soou coma un estoupido , pero saimos da cama cun sorriso moi pavero.

Aquelarre.


Por petición popular colgamos unha foto feita xa hai uns dias nunha cea "familiar" . Ainda que poñen cara de inocentes veñen sendo o nucleo duro da pandilla . Non puxeran os postres e xa tiñan repasado a medio Ourense. Non quedou títere con cabeza.

Outra volta por Madrid

Ainda que facía ben pouquiño que eu estivera por Madrid a verdade é que nos apetecía moito voltar. Madrid é pra nos unha estación de paso e por máis veces que vaiamos sempre atopamos cousas novas e interesantes . Ir o venres e voltar o domingo é un pouco paliza pero coma sempre pagou a pena. Ademáis de visitar á familia de María (parroquia curiosa onde as haxa) , fixemos algunhas compras por Fuencarral , dimos longos paseos e reeditamos a nosa competición de "avistamento de famosos". A cousa quedou nun dubidoso empate despois de ver a un presentador de Caiga quien caiga, a Luis Piedrahita (duas veces), a un dos choulos de Pereza , ó vello de Escenas de Matrimonio e a Zerolo.
A escusa inicial pra facer a viaxe era ir ver unha exposición do Caixaforum pero o sábado foi imposible entrar así que tivemos que agardar ó domingo pra vela. Saimos cedo do hotel , almorzamos na cafetería do Museo unha bandexa de churros que ben podería estar nunha vitrina , e vimos a exposición de Alphonse Mucha con calmiña e disfrutando do choio. Por aquelo de non perder a liña xantamos nun buffete de wok e cos pes amolecidos pero o bandullo cheo , arrancamo de volta para o triste Ourense.