martes, 28 de abril de 2009

LA CIGÜEÑA VINO DE CHINA

Esta monada es Dan Dan. 
Llevaba mucho tiempo deseando subir esta foto y presentar así a nuestra sobrina y ahijada. Como veis se mimetiza perfectamente con su tío y teníamos tantas, tantas ganas de que viniera, abrazarla y besarla, que ni su prima Jana se puede resistir.

lunes, 27 de abril de 2009

Traballo para Iker Jimenez.


Este espeluznante documento foi recollido o domingo , no cumpleanos de Carlos. No momento da filmación ninguen pareceu darse conta da extrana presencia que nos acompañaba , e non foi a ata despois repasando o video , cando o atopamos.
Grazas Marta pola tua paciencia.

martes, 10 de febrero de 2009

Veciñanza


Era unha magoa deixar morrer o blog , pero o pobre ben merecia unhas vacacións. Menos mal que María e Bea empuxaron para que non esmorecese de todo.
Moitas cousas pasaron neste último mes dentro e fora da nosa casa polo que sería moi difícil facer un resumen , así que co voso permiso irei pouco a pouco.
Unha das historias que non quería deixar de contar ten que ver , como non , co noso acolledor vecindario.

Esquecendo que estabamos no Nadal , e sen dúbida contaxiada por tanta violencia que por aquel entón servían empaquetada e lista pra consumir no telexornal , a nosa querida veciña Cruela DeVil , decidiu pasar á acción e iniciou as hostilidades contra o noso piso.
Unha tarde , mentras nos durmíamos unha placenteira sesta , barreu minuciosamente as escaleiras , subiu con sixilo ó noso descansillo , e pousou no noso felpudo un cartón dos xeados Magnum cun mangadiño de pelos ( supoño que de Jana ) , e unha sustancia extrana e oscura que definiría como "roña" pura e dura.
Tempo atrás xa protestara sen moita fe , polos pelos que a nosa filla adoptiva ía deixando polas escaleiras , pero non lle fixemos nin caso.
É verdade que algún pelo pode caer , pero como queira que tarda vinte segundos en subir e baixar as escaleiras , e o fai tres veces ó día , farían falta ben a gusto cinco anos para facer un peluquín mediano cos pelos que ela tira. Outro cantar serían os da porta para dentro , que darían para un peluquín ó mes.
Non sería de extranar que eses pelos ( da roña xa prefiro non falar ) , sexan de algún deses abrigos de pel que se gastan as señoras , e que lles venden por raposo do Himalaya e son todos de xabarín ou teixudo da Serra do Larouco.
Eu , que paso por ser un tio pacífico e que chegei a ter unha chapiña de Otan non , bases fora , a piques estiven de estoupar un espallafate no portal. Pasei do estupor á incredulidade e de aí á ira e volta ó estupor . Nun primeiro momento pechei a porta e volvina abrir para ver se estaba soñando e así o cartonciño desaparecía , pero nada.
O malo é que non sabía con certeza cal das veciñas fora a do anónimo , porque todas comparten o mesmo perfil : son maiores , viven soas e están como un cencerro . E claro , non quería que pagasen xustos por pecadores.
O que si fixen foi mandar os pelos , a roña e o cartón feito anacos , escaleira abaixo.
O corpo do delito pasou tres días pousado no portal mentras que eu , pasei eses mesmos tres días atento a calquera ruido e saindo escopetado para ollar pola mirilla da porta.
Con chapa ou sen chapa da Otan , se a collo mátoa.