martes, 11 de marzo de 2008

Stirling e Glasgow



















Monumento Nacional a William Wallace e ruinas da Abadía de Stirling










Glasgow

lunes, 10 de marzo de 2008

St. Andrews.



Scotland

Tras moitas horas de viaxe , por fin Escocia. A xornada do sábado resultou eterna . O tempo de espera en Barajas foi moi moi longo . Diume tempo de percorrer canta tenda e chiriguito hai na terminal T1 , despachar un libro , de meterlle un bocadillo de tortilla ó estómago que semellaba feito con ovos do cretacio , e por suposto de aburrirme un mundo.
O avión teño que dicir que en contra do que eu imaxinaba que era Easyjet , estaba moi pero que moi ben. Moderno , limpo e puntual. Como queira que a xente viaxa case sen equipaxe e non hai asientos asignados, subir ó avión foi un minutiño. Os primeiros en ocuparse foron os das ventaiñas. Eu xa non cheguei a tanto tiven que sentar a carón dunha señora inglesa coa permanente recién feita e que viña cun grupo de outras seis ou sete saidas da mesma fornada.
Non ben o avión despegou e as azafatas se puxeron ó choio , empezaron a rodar o viño e os licores como se soupesen que non íamos dar aterrado e lles quedaban unha tarde de vida . En duas horas e media de viaxe despacharonse polo menos tres botelliñas de cuarto litro por cabeza e un licorciño , seguramente pra asentar as patacas fritas. Penso que se nos fan o control de alcolemia ata eu daría positivo de tanto respirar os vapores .
Cando cheguei ó aeroporto de Edimburgo , xa de noite , estaba Xabi a agardar por min.
Stirling está a un media horiña longa de Edimburgo así que a lomos do Fiat Panda de alugueiro e baixo un frio e unha choiva intensas arrancamos para a casiña.

Almorzo a base de té e morcilla , e o noso medio de transporte baixo unha intensa choiva.