viernes, 31 de agosto de 2007

Feliz cumpleanos!!!!!!!


Hoxe está de cumpleanos Bea , unha das nosas fieles seguidoras. Estamos intentando chamala por teléfono pero seica se foron de turismo rural a celebralo ( e logo son eu o que se está aburguesando, eu o que estaréi será hamburguesandome en todo caso) . Se a vedes por aí non esquezades tirarlle das orellas trinta e algo veces .Queríamos colgar algunha foto mellor dela pero so atopamos esta de cando xogou a fase previa do Masters de Augusta de Golf.
Feliz cumpleanos e moitos bicos , dende a terra da Maruja.

Mascarilla.


Hoxe voltei ó piso pra comprobar como estaba a cousa. Despois de toda a tarde de onte e a noite aireándose ainda se notaba o cheiro putrefacto a puré de guisantes , merluza e espinacas . O conxelador que agora está relucinte sigue desprendendo un cheiro maligno. Estou vendo a posibilidade de limpalo cun exorcismo. Compadezo ó que teña que gardar alí os seus macarróns con tomate.

jueves, 30 de agosto de 2007

Desconxelado

Os nosos plans seguen o seu curso . O segundo paso da mundanza era deixar o piso de Xinzo. Facía máis dun ano que non entraba nel e o que alí me agardaba non era moi agradable que digamos. Nada máis entrar decateime de que os fusibles saltaran. O primeiro que se me veu á cabeza foi o conxelador. Cando o abrín soou como o descorchar dunha botella de champán. Nin o Grissom de C.S.I houbera sido capaz de averiguar o que alí dentro había. Todo se descompuxera ata licuarse , bueno , todo menos os guisantes que mantiñan o tipo estóicamente. O cheiro era indescriptible e tan pastoso que se podía cortar cun coitelo.
Podedes imaxinar o que foi limpar esta desfeita. Aquelo parecía Chernóbil . Limpaba uns segundos e saía á terraza a respirar. Agardo que os gases non me afectaran á cabeza e non acabe soñando con guisantes mutantes que atacan o Centro Comercial Ponte Vella. O resto do piso limpouno María así por riba que tampouco era o caso de matarse moito e a pobre xa estivera limpando o novo piso toda a mañá coa axuda de Ester. Ademáis a fregona estaba casi petrificada e tardou en coller forma. A cociña quedou aireándose para ver se non parece que gardamos un morto baixo o fregadeiro . Quédame a lección aprendida .

miércoles, 29 de agosto de 2007

Mudanza.


Voltamos a estar de mudanza. Outra vez caixas arriba e abaixo cheas de roupa , productos de limpeza e changalladas varias. Desta volta a ruleta deixounos estár en Ourense . Nunha cousa estamos de acordo os dous : non vai ser sinxelo . O sinxelo ven sendo fuxir tras dar un golpe , como facían Bonnie and Clyde. Seguro que se tiveran sogra calquera dos dous , en lugar de ser famosos terían montado unha ferretería ou algo así. Por mal que se esté no camiño , os problemas de máis dificil solución están sempre na casa.
É ben sabido que a min Ourense non me desperta ningunha simpatía . Quitando os xeados da Ibense , a librería Torga e as gominolas de Enredos, podían empregar o resto pra facer un ensaio nuclear. Se un día o chegar á cidade me din que unha enchenta do Miño anegou o centro non poño nin o Telediario .
De momento na casa nova non fixemos outra cousa que quitar figuriñas e mobles do século pasado . Non é que non sexa nostálxico (que non o son ) , pero non queremos vivir dentro dun episodio de "Cuentame como pasó" , non sexa o demo que saia do baño e atope no meu salón os Alcantara.
En breve carretaremos as nosas cousiñas e cambiaremos Bazar Orense por Ikea , porcelana por plástico e imitación a madeira por color.
Bromas aparte fainos moita ilusión este cambio , vivir xuntos todo o ano , non ter que facer tantas maletas e deixar que os amigos nos inviten a ver na tele Gran Hermano pola noite , ainda que nos non cenemos.

martes, 28 de agosto de 2007

Pork story.


Da gusto velos medrar e imaxinar os chourizos e morcillas que sairán desos lombos pintados. Cada vez que visitamos a Pepe saca os seus porquiños ó patio pra amosarnos o mozotes que están . A María non lle gusta moito que anden soltos xa que rillan todo canto encontran e se poden aínda che mandan unha triscada nun pe , así que escapa para o pilón.
Os touros mellor dende a barreira.

Musicas varias.


Pódese pedir unha baixa laboral por estrés musical ? Agardo que si . Dende que se mercou o novo radiocassete da oficina a calidade de traballo caeu empicado.
Como queira que dentro da sucursal non se pilla emisora algunha , todo o día estan a soar os cd´s que tran os compañeiros. O repertorio non é moi variado que digamos. Hoxe escoitamos cinco veces seguidas un cd con música de cine. Non está mal diredes. Pois si. Á cuarta vez que soou "Carros de Fuego" en versión Vangelis , sentín coma se me disen unha patada no centro da barriga. Tanta dose coas mellores baladas da historia ( outro dos cd´s ) non pode ser boa. Cando remata o día , tras sete horas de pastelada musical , sinto ganas de abrazarme á xente e bicala.
O efecto dejavu é terrible . Un ten a sensación de que o tempo non pasa , que volve atras como nunha espiral unha e outra vez.
Velaí unha mostra do meu sufrir:

1. As times goes by.
2. Lawrence de Arabia.
3. Love story.
4. Candilejas . (terrible , sinxelamente terrible)
5. Tal como éramos.
6. Carros de fuego
7. I just called to say you i love you . ( pero que carallo de película se fixo con este merengue?)

Xulgade vos mesmos e lembrade : 7 horas ó dia , 5 días á semana.

domingo, 26 de agosto de 2007

Golf Par 3 Vilamarin.

Paseo polo desaparecido club de golf de Vilamarín. Semella incrible que aqueles lameiros abandoados fosen algún día un club de golf. Costa adiviñar na paisaxe as liñas que debeu ter . Na carreteira nacional ninguen se preocupou aínda de retirar os carteis que hoxe so conducen a a un lugar tocado polo esquecemento , con bunkers ós que xa lles roubaron a area , pequenos lagos secos e greens con cesped listo pra empacar . En pouco tempo a natureza terá borrado todo recordo do que foi. Dimos un bo paseo e sin moito pretendelo atopamos moreas de bolas das que empregaban pra ensaiar as saidas e ata unha peza do que debeu ser o burato de algun dos percorridos . Nos camiños de internet , nos que a información circula coa velocidade da luz , aínda non se enteraron de que o único deporte que se pode practicar en Bouzas é o cross.




Saída dunha das ruas e niñada de bolas de golf.

viernes, 24 de agosto de 2007

Sobredose de churrasco

Fumos pasar a tarde ó Mosteiro de Carboeiro , moi preto de Silleda con Carlos e Roberto .Tardamos case unha hora en chegar pero pagou a pena. Carboeiro é un fermosísimo mosteiro do século XII agochado entre as fragas do Deza , nun auténtico paraiso vexetal e unha arquitectura que invita a soñar. Á volta cruzamos os montes do Faro e a Martiñá co anoitecer a correr tras nos.
Xa de volta acordamos cear no restaurante da gasolineira nun claro exemplo de antoxo de churrasco , e alí marchamos todos ás dez da noite . Coma no local había pouco persoal tardaron moito en por a cena e diunos tempo de darlle un repasiño a todo o pobo nun improvisado concurso de Mister e Miss Vilamarín 2007. Houbo opinións para todos os gustos.
Para ben o día tería ter que rematado aiquí pero non foi así. Coa barriga chea a noite fíxose pesadísima e a María diulle por teimar sobre cuestións existenciais e espertoume as tres e media da mañá , como facía Epi con Blas pra preguntarme se estaba durmido . Tamén acordou que non pechara a persiana do sótano e foi facelo.
No camiño atopou unha araña que cos efluvios da noite pareceulle a máis grande e peluda que vira na súa vida. Así postos , entre familia , araña e lentellas a pobre non pegou ollo.
Eu por sorte non padezo desas dores. A min os bichos nin fu nin fa e a familia máis ou menos coma os bichos.
Cando soou o despertador tiña máis sono que ántes de deitarme. Non lembro ben como din chegado á ducha e agradecín moito non ter que arranxar a perilla nin nada polo estilo.
Ó sair decateime de que as chaves da casa estaban na porta polo lado de fora. En fin , tanta leria coa persian e houberan podido entrar polo portón. Menos mal que temos un can de raza churrasquera que ademais de ter fame a todas horas e garda a casa.
O fin do verán anda cerca , nótase no ar . Todo o mundo ten presa por facer cousas antes de que se lle rematen as vacacións e non hai noites pra tantas ceas.

jueves, 23 de agosto de 2007

Madrugón.



O peor de traballar é pegarse estos madrugóns. Alguns días teñenme que sacar da cama cunha raspeta dos perceves. O que máis rabia me da e que elas queden a durmir tan tranquilas na cama. E logo está esa manía da xente de teimar nas cousas pola noite e vir contarmas a primeira hora , coma se o mundo se acabase as once da mañá. En fin , cada un sabe as suas.

miércoles, 22 de agosto de 2007

O vendedor de festas.

Hai un par de días fumos tomarlle un café á noite na taberna do pobo. Ó noso lado dous homes falaban tranquilamente diante dun plato de xamón. Sobre a mesa tamén había unha carpeta con fotos , un almanaque e unha calculadora. No chan descansaba un maletín ríxido de cor negra. Nun primeiro momento pensei que se trataba dun representante dalgunha marca de salchichóns pero non tardei en darme conta do meu engano. Tratábase dun xenuino vendedor de festas. O que eu imaxinaba un catálogo de embutidos non era si non un muestrario de orquestas , luces de cores , e fogos artificias. Naquela mesa estabase a negociar o día máis grande dun pobo. Tentei sacarlle unha foto co teléfono pra poder colgala no blog pero despois do arriscado da reportaxe o día da verbena , non quería volver a tentar a sorte. Se vedes por aí un home con camisa de cuadros , pelo castaño moi cortiño e un maletín negro , sede amables con el porque , se lle caedes ben , pode que actue na vosa festa Tony Perez y los Arquinos.

Cousas que pasan.


Está sendo unha semana dificil . En fín , non queremos darlle moitas voltas.

lunes, 20 de agosto de 2007

Contas concretas.



















Esta tarde estivemos na casa de Oscar e Rosa en Tamallancos que está xa case rematada. Nas paredes aínda de perlita , estaban garabateadas as contas que os carpinteiros e albaneis van facendo para o chollo. Sempre me fixo moita gracia este tipo de matemáticas de campaña e tiven ocasión de experimentalas cando fixemos o cabaceiro. Cando había algunha dúbida o carpinteiro sacaba o lápiz da orella e pintaba na primeira taboa que tiña a man. A simple vista sempre se equivocan , pero non é así. Son coma ecuacións con variables ocultas. En todas as contas falta algo , algún número ou resta que non diu pasado da cabeza do traballador á pizarra , e que fai que a conta cadre. Non son sumas , restas ou multiplicacións , son adiviñanzas. Se non non se explica como non se can máis casas digo eu.
A da dereira descifrouna Carlos con moita habilidade . Seica o home quixo multiplicar primeiro por seis e logo fixoo por cinco. Xa sabedes o que dí o refrán : contas concretas , cinco mulleres dez tetas.

Primeiro día.

Voltar ó traballo despois duns días de vacacións é sempre complicado. Cando puxen o traxe as sete da mañá pareceume pesado como o chumbo. O día liouse dende o principio. Non sei por que razón todo o mundo se empeña en decirche que se remataron as vacacións , coma se eu non o soupera. Igual pensan que vou aguantar as súas parvadas por gusto ou porque me caen simpáticos.
O peor de todo foi descubrir ó sair da ducha que non adelgazara nin un triste gramo despois de vinte días facendo deporte e vida sana. A miña barriga está aiquí pra quedarse.
Facer deporte non é a solución. Despois de darme unha paliza ó baloncesto o que máis me apetece é un bocadillo de nocilla así que a conta é sinxela: calorias queimadas unhas 250. Bocata inxerido unhas 300. A máis deporte máis barriga.
Pasar fame tampouco é a solución , é máis , con todo o que está pasando no mundo , non comer puidendo facelo pareceme unha frivolidade (con esto non quero dicir que a miña gordura sea culpa do terceiro mundo). En fin , así están as cousas.

domingo, 19 de agosto de 2007

Partido solteiros contra casados

Nada une máis a un pobo que o partido de futbol entre solteiros e casados. Descoñezo se esta tradición se da tamén noutros países pero case apostaría a que non. Gústame pensar que é algo noso , como as pulpeiras ou a empanada de xoubas.
Os solteiros son por natureza máis deportistas que os casados , pero estes últimos soen tomar máis en serio os torneos. Casarse volve a ún máis competitivo e sinten a necesidade de amosarlle ós rapaces novos que a pesar dos anos , debaixo da barriga cerveceira , sigue habendo unha promesa do futbol amateur.
Así xente que en todo o ano non pon máis pantalón corto que o do pixama , saca a camiseta do Real Madrid de cando xogaban Gordillo e Chendo e lanzase ó lameiro a pegar patadas ó aire.
Seica en Tamallancos , polo que se dixo dende o palco o día da verbena , había ata "mister" no equipo dos solteiros , e ata un árbitro. Non é o normal. O normal si é que hai algo normal nun grupo de homes correndo tras un balón e berrando , é o sistema de xogo tipo patio de colexio. Todos arriba , todos abaixo . Os que saen do banquillo son sempre dianteiros e os que se van cansando pasan á defensa. O trofeo é o de menos , o importante de gañar é poder rirse do equipo contrario durante todo un ano.
No único partido ó que fun , hai xa moitos anos , había na banda un caldeiro dos da vendima de whisky con coca-cola, e os xogadores paraban pra repostar cada pouco. Aínda hoxe non me explico como non houbo feridos.

sábado, 18 de agosto de 2007

Verbena: festa popular nocturna.

Todas as verbenas son a misma. Un ritual , unha liturxia , unha tradición repetíndose unha e outra vez , ano tras ano pola nosa xeografía. Poucas cousas resistiron tan ben o paso do tempo e se mantiveron alleas a evolución da vida nestes últimos 30 anos.
Ó igual que no parchís , en cada pobo teñen as suas normas pero hai cousas que non poden faltar:
- Campo da festa. Se é de cemento mellor (esto dase máis nos concellos do PP) , gasta algo os zapatos pero non se levanta tanto polvo. Se e de herba ségase un ou dous días antes e listo.
- Bar da comisión Especie de barra de bar situada nunha esquina do campo , feita de madeiras , caixas de cerveza e o plástico das fresas, na que os mozos do pobo reparten cubalibres e cacahuetes a prezos populares
-Orquesta ou disco-movil. Aiquí é onde se dan as maiores diferencias e é onde se nota se hai cuartos ou non. Existen categorías coma no futbol. Nos xogamos en rexional preferente.
-Vendedora de cousas pra nenos: gominolas , pipas , cámaras de plástico , equipos de vaqueiro , papaventos... Ven sendo unha muller cun chaquetón e un can no colo tipo pekinés, unha mesa , un toldo e unha bombilla.
-Paisanaxe. Aiquí hai moitos grupos: os matrimonios que bailan todas as pezas igual , así sea un merengue , un vals , un tango ou unha do Bisbal .Os borrachins que saudan a todo o mundo , a mocedá cos seus amigos traidos da capital , os vellos que xa que pagaron van ver a orquesta , os da comisión que fan coma se foran os donos do pobo , os nenos que corren toda a noite entre a xente , o que tira os fuegos... Coma nunha lei universal as porcentaxes de poboación repítense sen importar o tamaño do pobo , de xeito que se este é moi grande haberá dous borrachíns en lugar de un solo e así sucesivamente.
-Cartel das festas. Aiquí metese de todo : dende a misa , as orquestas , os xogos pros nenos , a sesión vermú... A pesar da chegada dos ordenadores , siguense facendo igual que hai vinte anos .
-Muiñeira de despedida. Ven sendo a derradeira peza e xa todos borrachos , novos e vellos , esquecen diferencias , os pleitos por un marco movido , a vaca que paceu no millo do veciño etc , e abrazanse para facer un corro pra dicir adeus á festa. Ven sendo como cando se da un a paz na misa , que anuncia o final e xa as mulleres collen o bolso pra marchar.
Na de onte en Tamallancos a orquesta Mediterraneo non o fixo mal de todo . Os pobres gastaban uns traxes brancos de chaleco cunha camisa añil de raso ó estilo de Tony Manero , que lles sentaba coma un escopetazo. O solista parecía un taberneiro e a cantante femenína conocese que andaba cansa porque nos regalou unha peza escondida tras os altavoces.
O mellor das verbenas é que o que lle falta á festa pono a xente. Da igual que a música sea horrorosa , que faga frio , que poñan garrafón , que haxa que traballar ó día seguinte... Os vecíños crécense ante a adversidade e pasano mellor canto máis triste sea a verbena. Nos pasámolo ben , vaia.

viernes, 17 de agosto de 2007

Mercadona

Selecto grupo de invitados , menú sofisticado , e compra nun dos mellores establecementos de delicatessen de Ourense. Nada pode fallar. Os músicos da Mediterraneo preparan xa os seus radiocasetes e os da comisión baixaron a Bouso pra mercar os trofeos que se entregarán esta noite dende o palco. Outros anos había tanta competición que no campo da festa so quedamos nos sen recibir copa ou medalla.
Seica tamén haberá karaoke pero agardo non ter que ver como Quique e María cantan a duo "te compro a tu novia, tirí tirí tirí."Onte todo o máis que puiden sacar de fotos foi unha do cartel. Había un grupo moi curioso na barra da taberna dando conta dunha botella de hervas pero non me atrevín a retratalos.

Fermosa mañá.

jueves, 16 de agosto de 2007

Grandes festas en ... Tamallancos.

Ímos de festa. Agardamos que a comisión se estirase este ano algo máis e haxa un fulión como Deus manda , que outros anos facíano cun farol e un bombo. Hoxe só había xogos infantiles (carreiras de saco , de pes xuntos e esas cousas , nada de pleiesteishon nin equisvos). Maña orquesta Mediterraneo e sesión vermú. Un platazo para o día grande. Estades todos convocados. E pasado Discoteca movil... .Acudide.
Meri seguramente aguante ata o final , coma sempre. Non sei que gracia lle fai estar alí pasando frío nese lameiro e soportando ós músicos que polo que cobran non fan nin por disimular que é playback. Pero claro , como son os seus amijotes , hai que roelo. Eu que teño algo máis de vergoña , non lle fago pasar por ese trago nas festas de Faramontaos , que veñen caendo no mesmo día. .
Tanta camisa salmón , tanto calcetín branco e tantas aceitunas non os aturo moi ben. De feito hai xente do pobo que peinada e sen boina non a recoñezo. E logo está esa idéa de que hai que ter un traxe para o día da festa ...
Tentaréi sacar fotos pero non é seguro. Non vaia ser que pe espeten un guantazo , que estes en canto toman unha copa perden o sentido do humor