jueves, 28 de febrero de 2008

T.V



O mellor de ter tantos canais de televisión , ademáis do canle de terror, é poder ver antigas competicións deportivas . Non por nostalxia , que de eso nesta casa é ben sabido que gastamos pouco , senón pra ver o moito que evolucionou a moda .
Este simpático señor , de nome Dennis Taylor , foi campión do mundo de billar aló polo ano 1985 . Non obstante a sorte non lle sorriu. Gañou grazas a un fallo tan clamoroso do seu rival , que foi este último o que pasou á historia . Pero Taylor , que sen dúbida non cria na sorte , tiña un plan B : os seus lentes. Foi recordado por ser o señor cos lentes ó reves que estaba ó lado do que fallou a bola negra na derradeira tirada.
A vida tenche estas cousas.

miércoles, 27 de febrero de 2008

Burro-Dálmata.

O do cambio climático non sei se será certo, pero que as especies están a mudar é un feito. Este curioso exemplar de burro-dálmata atopamolo o luns mentras dabamos un paseo polas soleadas terras de Lobaces. Era , como se pode observar , un especimen moi sociable que non dubidou en pousar para a foto e que mesmo mandou uns rebuznos a modo de saudo.

lunes, 25 de febrero de 2008

Vacas



















Tras moito buscar por fin atopamos o sinal de perigo vacas que queríamos pra Calvelo. Claro que nas estradas de Galiza aínda quedan moitas pero non era plan roubar unha que estivera sendo empregada. Non sei , non me apetecía ter sobre a miña conciencia un accidente vaca-Seat Terra ou Rieju-vaca . Este sinal en concreto estaba chimpado nunha cuneta e o único mal que fixemos ó collela foi molestar a unha familia de formigas que vivía debaixo del , familia que por certo se resitiu a deixar o seu fogar e pasou tres días perdida no meu coche.

lunes, 18 de febrero de 2008

Asalto á fama !!!


Cartelismo libre.


Este curioso cartel apareceu en Calvelo , cravado nunha arbore que as cuadrillas de mantemento do Concello talaron a media altura ... Moito máis traballado que os carteis que coloca a nosa amada veciña Cruela DeVil , non está tampouco exento de polémica... Semella coma se o autor ,que tantas veces se acolleu á sombra de esta árbore situada nun pobo nos que "todos somos familia" , non se decatara que a árbore morrera ela soiña na primaveira pasada , de que o que outrora fora un fermoso plátano de sombra , era xa soamente un tronco sen folla algunha do que comenzaran a caer as ramas secas e ocas sobre a estrada. En fin , querido Manuel neto do Manolo, que o apocalipsis terá que agardar.
Ah , por certo , moito coidado ós que nos visitedes en Ourense , que Cruela cumpliu a súa promesa e unha capa de aceite do de fritir as patacas enche a pedra de entrada ó portal.

miércoles, 13 de febrero de 2008

Valeiro


Este é un post triste . Hoxe morreu a avoa de María , a que durante moitos anos foi a dona da nosa casiña de Calvelo. Ela non chegou a velo rematado tal vez porque como todo o que ten que ver con nos os dous está permanentemente en estado de obras. Agora a casa está chea de cousas pero hoxe notase un valeiro.

martes, 12 de febrero de 2008

Psicosis III


Non , non está feito con ordenador . Tampouco está feito con máquina de escribir. É un recortable feito con incribles dósis de paciencia e moitísima imaxinación. Unha letra O que en realidade é unha Q , unha I feita cunha Jota , unha A feita cunha Y dada a volta .... e para rematar unha abreviatura de gracias: GX . É colosal. Esta nosa comunidade , de man de Cruela DeVil , entrou onte no século XXI.

Máis Entroido















Algún estarase a preguntar que pinta un home con tupé e gafas de sol no medio desta extrana pandilla de Escoceses de medio pelo. É ben sinxelo , sempre hai algún amigo que se apunta a última hora , que lle apetece sair pero non facer moito gasto.
Seica circulan unhas fotos ensinando máis cacha non as podo colgar por medo a que censuren este blog.

viernes, 1 de febrero de 2008

Comadres

Despois de moitos anos vivindo en Verín foi unha sensación extrana voltar a pisar estas ruas e saudar a vellos amigos. Da miña memoria xa se esvaeceran moitos nomes e outras moitas cousas nesta pequena vila mudaran , pero no fondo todo seguía igual . O tempo ás veces semella máis unha espiral que unha liña recta e teño a sensación de pasar unha e mil veces por lugares comúns da miña memoria , paisaxes e sensacións que se repiten coma un mesmo solpor visto dende sitios distintos.
E claro ,non hai mellor noite para os reecontros que a noite de comadres.
O ambiente era sensacional con moreas de xente disfrazada cantando e bailando. Quedamos a cear e ainda tomamos un par de copas na casa de Serafín , onde eu vivira tres anos e medio. Como non podía ser de outro xeito disfrazámonos de mulleres con éxito dispar e saimos a facer barullo. A magoa foi ter que voltar tan pronto á casa pero así son as cousas .O único malo do xoves de comadres é precisamente eso , que é un xoves e tras os xoves de festa soen vir venres de traballo. Con tres horas mal durmidas , os pulmóns cheos de fume e o sabor doce da amizade na alma , cheguei hoxe á oficina . Alí , pra non variar , foi un día de cans salvado por un par de bos momentos. Pura vida.