miércoles, 10 de diciembre de 2008

Un televisor menos no mundo.


Dous días despois de mercar no Ikea un taburete para poder ver a tele dende a cama , o pobre deixou de ter utilidade. Hoxe pola tarde no medio do sopor máis absoluto ,Jana e máis eu decidimos facer un pequeno combate de loita libre para desperezarnos.
Empezou como sempre cun par de sopapos e algún mordisco pero a cousa acelerouse.
Nunha rápida maniobra de despiste , superdog fixo un amago e lanzouse como un foguete baixo a cama na percura de refuxio . Como o sitio é pelín escaso , enganchou o pescozo co cable do televisor arrastrándoo tras de si.
Eu que nese momento estaba quitando o reloxo para que non houbese feridos nas manobras bélicas , saltei como un resorte pero a pobre tele botou na cama e de alí directa ó chan sen que puidese facer nadiña. Caiu como un sapo boca abaixo facendo un ruido como se a alguen se lle caese a ola expres polas escaleiras.
Voltei a subila ó taburete con coidado , enchufeina , e cando a encendín convertírase nunha radio.
Escoitase mellor que nunca , eso si , pero non se ve nadiña. Nada. Negro total. Nin un puntiño deses que saían nas teles de antes e que se ían facendo máis grandes , como se a imaxen viñese no Castromil dende a Cañiza. Valeiro total e Enma García convertida en locutora de radio.
Non sei se estas cousas teñen amaño ou se será mellor baixala ó contenedor directamente.
En fin , que vendemos taburete seminovo e regalamos radio .

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Sí, pero recuerda que no hay mal que por bien no venga.....Ya sabes lo que dicen de las teles en el dormitorio..... :)
Saludos.

Taboada Testa dijo...

Pois xa sabes. a escribi-la carta ós reies magos, e se fuches bo ó mellor cae a tele!.
Nos radio xa temos e taburete sin tele non nos fai falla....

ferre dijo...

Xurxo: non sei o que din das teles no dormitorio (en serio ) ahahahah

Bolboreta: eu creo que fun bo pero non sei se me dará como para unha tele.

Anónimo dijo...

Qué es eso de al contenedor?
Eso se lleva a un punto limpio.
Un poquito de por favor y cuidemos el medio ambiente

www.asociacion-ridimoas.org
Un poco de publicidad no viene mal

Yes we can

ferre dijo...

Nos cuidamos o ambiente en general . Ou enteiro ou nada.