lunes, 7 de enero de 2008

Auga do grifo.

O outro día deixaron unha pequena probeta na porta da nosa casa co que semellaba unha enquisa sobre a calidade da auga que bebemos . Inocentemente cubrimos o papeliño e enchimos o tubiño con agua do grifo no que resultou ser o xesto máis desafortunado da semana. Ó día seguinte chamounos unha comercial pedíndonos "media horita de vuestro tiempo". Aceptamos de mala gana e o xoves despois de xantar plantouse na casa unha muller enorme , moi faladeira e que ó momento fixo boas migas con Jana.
Puxo a funcionar os seus trebellos e como se viñese a tomar un cafeciño con nos , empezou a charlar de todo canto lle viña á cachola.
Despois dunha exposición detallada de canta enfermidade no mundo hai , e da estreita relación entre estas e a calidade das augas , pasou a facer experimentos na nosa cociña co quimicefa que traía no maletín: mediu o cloro e a conductividade da auga , desmontou o filtro do grifo do fregadeiros , insultou á nosa xarra Brita , fixo unha electolisis cun aparto de andar por casa co que descompuxo a auga e sacou roña a cascoporro , e ata lle diu tempo de fregarnos un coitelo e un garfo. A cousa parecía que non ía rematar nunca e cando viu que eu lle metia presa e a venta non tiña visos de materializarse , mudou de faciana e de estilo. O que ata o momento foran amabilidade e empatía se convertiron en agresividade e mala educación.
Bueno , a todo isto , non dixen que o dichoso purificador costaba a nada despreciable cifra de 2.180 € se o mercabamos no momento , se non 2.680€
O momento máis tenso foi cando , xa fartos de tanto oir falar da malaria , de cañerías que filtran , de choiva ácida e ata de nenos mortos por bañarse en piscinas con cloro , eu lle dixen claramente que non ía tomar unha decisión así , sen pensala , e que non me importaba perder o fantástico desconto de 500€ . "yo este tipo de cosas las pienso antes de tomar una decisión , no me gusta precipitarme" dixen eu , ó que ela me respondeu "el pienso es para los animales , por lo menos en mi pueblo".
Aiquí rematou a exposición e venta . Fíxose un longuísimo e tenso silencio e ela ofreceuse a baixar a fumar un cigarro á rua mentres nos decidíamos. Como lle dixen que NON optou por chamar ó seu xefe dende o noso salón para que nos a puidesmos escoitar:
- Sí , sí , a María le gusta pero Antonio dice que tienen otras prioridades. Ya les digo yo ¿que mayor prioridad puede haber que la salud? ( a miña prioridae era pola fora da casa a ela)
- Ya les digo :si quereis beber esta porquería. (sinalando para o vaso con auga descomposta)
- Los padres de María la tienen y están muy contentos pero como ellos son jóvenes no
piensan en la salud.

Foise case sen despedirse despois de intentar convencernos das bondades da financiación do trasto ese e , por un momento pensei que lle ía mandar unha patada ó arbol de Nadal pero non se atreveu.
Agora faime gracia pensalo pero no momento houbera preferido a certeza dunha pedra no ril por beber auga do grifo á posibilidade de ter que aguantala a ela dez minutos máis.
Sintoo polos vendedores presentes e futuros pero á miña casa non entra niguen máis así venda a salvación eterna.






6 comentarios:

Cesare dijo...

hahahahahhahaha
hahahahahahah

Unknown dijo...

Identifícome totalmente. A min dunha vez propuxéronme financiar unha compra desas recortando a asignación semanal para copas e licores (evidentemente, o home non sabía con quén estaba a falar....coitado). Eu hai tempo que decidín non comprar nin contratar nada, e se alguén chama a casa espétolle "mis papás no están", e morreu o conto...

Anónimo dijo...

Por un intre pensei ¿ e se a mato e digo que nunca chegou á nosa casa?

Anónimo dijo...

Cuando querais unas analíticas de agua, avisadme por Dios, que yo también os mido el pH, conductividad, cloro y demás parámetros fisico-químicos; y lo bueno, es que por ser vosotros, os lo hago gratis.

Aunque,..... a vaquiña polo que vale.

Ja ja ja ja

Anónimo dijo...

E canto vale a vaquiña?

Unknown dijo...

Cando a muller se che puxo farruca debícheslle cantar a de "Dame veneno que quiero moriiiir..." (Tonecho dixit)