lunes, 28 de enero de 2008

Cumpleanos de Victor e atugamentos varios.

O sábado foi un dia moi divertido e accidentado. Como ben di María nos non sabemos facer nada de maneira sinxela. Xa facía máis dun mes que non subíamos a Tamallancos e aproveitando que se celebraba o cumpleanos de Victor decidimos ir unha miga antes pra dar unha voltiña pola finca. Facía tan boa tarde que non puiden resistir a tentación e saquei a pasear o Mercedes clásico. Encendeu coma un reloxo e , ó máis puro estilo emigrantes retornados , dimos un paseo polas pistas e polo polígono industrial. Ata aí moi ben a cousa . O malo foi á hora de gardalo. Quixen metelo marcha atrás no garaxe e entre que xirei e busquei o pedal do freno de man , atugouse o coche na terra. Os case cinco metros de limousine quedaron atascados e non saían nin pra adiante nin para atrás. Fixemos un par de intentos de movelo e nada.Xa me vía eu chamando a un tractor para que nos arrastrase.
Menos mal que o veciño da finca do lado viu toda a maniobra e apareceu ó momento pra axudar acompañado dun pinche. Endereitei as rodas , o Pedro (que así se chama o veciño ) subiuse sobre o maletero do coche pra facer contrapeso e ... slissss , o coche saiu sen facer nin amago de quedarse. A tracción traseira tenche estas cousas.
O susto foi bo e despois , ó lembralo , dabame a risa de ver a semellante persoaxe polo retrovisor subido no capó do meu neno.

Antes de cear aínda nos deu tempo de mandarlle unhas partidas ó futbolín no Casimiro que nos regalou un almanaque plastificado a cada un . Eu o meu xa non sei onde o gardei pero Carlos
sacouno do peto polo menos media ducia de veces no que quedaba de día .
Xa pola noite ceamos para unha semana e entre risas e tartas aínda houbo a quen lle entrou unha copiña de licor.

8 comentarios:

Unknown dijo...

A ver ¿quén foi o simpático que puxo un 34 na tarta? mintiiira cochina: a esas horas ainda tiña 33. A vaquiña polo que vale!

Anónimo dijo...

Felicidades Víctor,

y que cumplas muchos más!!!!!!!!!!

Taboada Testa dijo...

E o da cachola, que é? un "gallumbo"?ou agora dedicaste a adivinación coma Rappel?
FELICIDADES e benvidoa edade de Cristo...ides caendo.....

Unknown dijo...

Non filla non, lé ben o comentario,eu a Cristo xa o deixei atrás. A partir de agora, todo costa abaixo....

O da testa é un tanga, imaxina como acabou a cousa...o cumpreanos de Ronaldo ó seu carón parecía o dragonenos

(Bueno, se cadra non foi asín, pero vou tomando nota pra outra vez.)

Taboada Testa dijo...

UN TAANGAAA!Que vergoña....a túa idade...ainda que estás moi ben conservado..crein que eras da miña quinta ou menos!!!!
A ver por que facedes esas festas sin estar nos!!!
O dito, felicidades!

Unknown dijo...

Graciñas polo de ben conservado, eche o que ten o alcohol, je, je

En canto ó do tanga, realmente era unha visera que me regalaron esa noite, pero non me negarás que a historia con tanga gañaba moito, e non me puiden resistir...

Agora ben, se algunha moza de bo ver e con posibles me quere regalar un, eu póñollo e quítollo as veces que faga falla, que non está o mercado pra tirar foguetes...

Taboada Testa dijo...

Esto......e onde o porías???Por que se o pos na cachola non pero.....en fin....retiroo, son unha muller felizmente casada......se atopo alguhna candidata avísote.Ja ja.

Anónimo dijo...

que ben o pasades...