viernes, 1 de febrero de 2008

Comadres

Despois de moitos anos vivindo en Verín foi unha sensación extrana voltar a pisar estas ruas e saudar a vellos amigos. Da miña memoria xa se esvaeceran moitos nomes e outras moitas cousas nesta pequena vila mudaran , pero no fondo todo seguía igual . O tempo ás veces semella máis unha espiral que unha liña recta e teño a sensación de pasar unha e mil veces por lugares comúns da miña memoria , paisaxes e sensacións que se repiten coma un mesmo solpor visto dende sitios distintos.
E claro ,non hai mellor noite para os reecontros que a noite de comadres.
O ambiente era sensacional con moreas de xente disfrazada cantando e bailando. Quedamos a cear e ainda tomamos un par de copas na casa de Serafín , onde eu vivira tres anos e medio. Como non podía ser de outro xeito disfrazámonos de mulleres con éxito dispar e saimos a facer barullo. A magoa foi ter que voltar tan pronto á casa pero así son as cousas .O único malo do xoves de comadres é precisamente eso , que é un xoves e tras os xoves de festa soen vir venres de traballo. Con tres horas mal durmidas , os pulmóns cheos de fume e o sabor doce da amizade na alma , cheguei hoxe á oficina . Alí , pra non variar , foi un día de cans salvado por un par de bos momentos. Pura vida.

3 comentarios:

Unknown dijo...

Unha cousiña Antonio: Os disfraces dos outros téñoos máis ou menos claros, pero por máis que miro non acerto a saber de qué vas ti. ¿Non podías ir de pilingi, coma todo o mundo?.

¡Viva o cocido con cachucha!

Taboada Testa dijo...

Como boto de menos o entroido!!!!xunto co magosto e a outra miña festa favorita!!.Aqui non hay nada practicamente, co ben que o pasamos en Xinzo....
Víctor..levaba tetas o resto da igual....jaja

Anónimo dijo...

Era a primeira vez que me vestía de muller!!! ainda non estou preparado pra saias curtas ha ha ha.