lunes, 25 de febrero de 2008

Vacas



















Tras moito buscar por fin atopamos o sinal de perigo vacas que queríamos pra Calvelo. Claro que nas estradas de Galiza aínda quedan moitas pero non era plan roubar unha que estivera sendo empregada. Non sei , non me apetecía ter sobre a miña conciencia un accidente vaca-Seat Terra ou Rieju-vaca . Este sinal en concreto estaba chimpado nunha cuneta e o único mal que fixemos ó collela foi molestar a unha familia de formigas que vivía debaixo del , familia que por certo se resitiu a deixar o seu fogar e pasou tres días perdida no meu coche.

4 comentarios:

Unknown dijo...

Pois a min esa vaca non che me parece do país...se teño que apostar digo que é rinoceronte macho.

No de roubar tes razón, é mellor "cambiala" por outra,así que por si acaso, non a restaures moito...

Taboada Testa dijo...

Estooooo, eso quere dicir que as gordiñas non estamos permitidas en calvelo?????agardo que non!!!!!

Anónimo dijo...

Os cornos , son os cornos os que non están permitidos .

Taboada Testa dijo...

Ah bueno!, de eso eu non teño,.....creo.....