lunes, 28 de abril de 2008

Fin da viaxe













Bueno , por onde íamos . Ah si , a cousa quedou en Escocia. Agora , moitos días despois de voltar desa fantástica viaxe , creo que podo ver con máis claridade a pegada que deixou en min. Maís alá das paisaxes vistas , das cidades e pequenas vilas, dos sabores , das mil cousas aprendidas , quedou un fondo pouso de amizade. Amizade e gratitude.
Vivir con Xabi eses días , e gozar da sua compaña fixo por si so que pagara a pena facer tan longa viaxe.
Nos dous derradeiros días percorrimos xuntos unha longa franxa das terras altas nunha ruta que nos levou dende Stirling ata a illa de Skye. Foron días intensos nos que vimos moitos lagos ( entre eles o Lago Ness ) , impresionantes montañas nevadas que semellaban arrancar dende o mar, castelos tan fermosos como o de Elian Donan , vales cheos de cervos , moreas de faisáns e mesmo focas.
Ainda que canso e xa algo morriñento , sentin moita pena ó ter que regresar. A viaxe de volta á casa foi unha pequena tortura , cheo de carreiras e pendiente do reloxo. O Talgo no que viaxaba e que por certo saira de Madrid dende o anden 13 , descarrilou no interior dun tunel xa moi cerquiña de Ourense . A cousa non pasou dun susto pero a madrugada fixose eterna no vagón-cafetería do expreso.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

benvido. por certo, moi boa a foto do castelo, lástima que non saíse ningún fantasma.

Taboada Testa dijo...

Bueno bueno, eu xa abría o blog pensando que vería outra vez "Estirling e Glasgou", pero non! cando xa vos iba quitar dos meus favoritos retornades! que ledicia, que dureeee!!!