jueves, 1 de mayo de 2008

John Wayne

Estamos a facer un pequeno traballo xuntos. Un deses proxectos que seguramente queden en nada pero que manteñen a miña cabeciña ocupada . Hai uns días , paseando por Calvelo , quedamos impresionados pola rapidez con que se están a destruir as vellas aldeas e con elas a nosa arquitectura popular , e dicidimos traballar un pouco sobre eso. Así , armados de cámara de fotos , percorremos ó longo destas tardes de primaveira unha morea de pequenos pobos na percura de pegadas dun mundo en retirada. É fascinante a cantidade de cousas fermosas que se poden atopar , e sobre todo da extrana forma na que conviven modernidade e tradición. Galicia , a pesar de todos os esforzos que facemos para evitalo , segue sendo un lugar maravilloso.

No hay comentarios: