lunes, 13 de octubre de 2008

Zona de obras

Esta xa parecía unha obra da Deputación . Cun ano e medio de retraso sobre o calendario previsto para o fin da obra , por fin rematei o cabaceiro de Tamallancos . Xusto cando boa parte da parroquia perdera a fe e desistira mesmo de preguntar , armeime de paciencia e encaixei todas as taboas que o rodean .
Falta , eso si , colocar a tella pero eso supera con moito os meus coñecementos como albanel . Ainda asi non desesperedes que xa estou xestionando a subcontrata.
O outono viñase enriba e sentía unha certa pena ver este pequeno experimento inacabado despois do fermoso e divertido que foi armalo. En canto esté rematado haberá invitación oficial e non se descarta que mesmo chegue a ser a foto que enviemos na postal de nadal.

Si , efectivamente , a foto é un pousado-robado.

3 comentarios:

Taboada Testa dijo...

Pois por fin rematamos algo do empezado Tonecho! como dí o Peñafiel, dígocho dende o cariño jaja!.
Non fai falla que lembre esas duas fermosuras que esmorecen no alpendre de Tamajuncos, por certo novas fotos dos contrincantes do ano que ven ( de este non pasa...) na paxina de flickr.
Bicossssssssss

ferre dijo...

Mi madriña , que mal soa eso...
Xa entrei no teu flickr hahaha , pero non temos rival. Fermosas fotos por certo.

Taboada Testa dijo...

As fotos dos coches estan na conta do Oscarillo, eu ainda non puxen as miñas...moito mellores por certo jajaja bicosssssssssssss