domingo, 18 de mayo de 2008

Coitelo

Cada vez que o collo me fago a mesma pregunta. Para qué puñetas servirá este coitelo que mercamos en Ikea hai xa un par de anos. Ten o fio curvado a modo de fouce , os dentes de serra e é máis ben pequenote. Por máis que o miro non o atopo práctico para nada. Se vas cortar o pan faise pequeno e toca no mantel antes de chegar ó fondo da barra. Para podar está claro que non é , que non sei se podarán moito os suecos pero o fio ten que ser limpo. Non é pra nenos xa que corta bastante ben. Para cortar ou untar queixo tampouco serve a non ser que o empregues do revés... Se alguén sabe pra que se emprega invitámolo a cear .

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Vai pondo a mesa que vou para aló!

Meu querido amigo, o que tes na casa é un "coitelo formador" ou "torneador", apto para pelar e limpar verduras e similares e imprescindible se che da pola cociña artística e pretendes dar forma a froitas ou verduras de superficie redondeada, chámese esto pemento, tomate ou mazá tabardilla.

Ala!, de primeiro non fagas nada que xa levo eu unha garrafa de gazpacho.

Saúdos!

Víctor
PD:Se atopas por ahí atrás un comentario anónimo é meu, que me deu pereza identificarme, e despois esquecín firmar (así che andan as cabezas...)

Anónimo dijo...

Se non tivese serra aínda valía pra bullar nas patacas. Pero a pregunta aquí é: por que mercaron vostedes o coitelo se non sabían pra que era? Viña coa mesa desmontable?

ferre dijo...

Mercamos unha chea de coitelos que viñan todos xuntos con mangos de coloriños , e este estaba desparellado.
Pode ser para as froitas como di o señor Victor que amosa ter uns grandes coñecementos de cociña , pero sigo atopándoo pouco práctico. Que forma se lle pode dar ós pementos?

Taboada Testa dijo...

Como se nota que non ves o Arguñano!!!podes facer cestiñas con pementos, tomates...e rechealas de comidiña!debuxos nas sandías, melós....os chinos sonche expertisisimos!!!.
Bicos, vémonos o mércores...
Por certo, esotu de vacacios!!!!!!!!;)D

ferre dijo...

Nos somos máis do Telepizza...

Anónimo dijo...

Es un cuchillo pelador y tambien vale para cortar los cojones de jugadores de algunos equipos a los que faltan huevos

ferre dijo...

No se , me da que este derradeiro anónimo é do Zaragoza ou tal vez do Ourense.

Anónimo dijo...

e a min que me cheira que é do Barcelona, je, je....

Fdo: Plataforma pola dimisión de Luis Aragonés.