sábado, 17 de mayo de 2008

Delvezón



Mercar unha vaca. Chega un momento na vida de toda famila no que se ten que enfrontar a este importante paso.
Decididos a axudar a Roberto e a Miguel Carballo no proxecto de revitalizar a aldea de Delvezón temos que pensar de que xeito nos imos implicar. Hoxe visitamos unha explotación de vacas cachenas que a Deputación ten no Pazo de Vilamarín e durante tres horas paseamos polas 63 hectareas de terreo que xestionan acompañados do coidador .Aprendimos o funcionamento da granxa , vimos os comedeiros e o gando en liberdade. A cousa é ben sinxela e agora so resta exportala á aldea e pola en marcha.
Fai falla moito traballo e sobre todo hai que mercar unhas vacas entre todos. Temos cinco hectáreas de terreo e hai que mercar catro ou cinco cachenas e un boi.
Se o meu avó Augusto erguese a cabeza pensaría que o seu neto toleou , e tal vez non lle faltase razón.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Y una vez compradas las vacas, se pueden comprar unos toros para hacer unos encierros, ya veras como se llena el pueblo ese