jueves, 22 de noviembre de 2007

Cartas perdidas.


Chegan ó noso buzón cartas de xente que non coñecemos . Xente que viviu nesta casa e que tamén se mudou. Non son cartas de amor ,que xa me gustaría , son facturas de financieiras, avisos de certificados , recibos do banco e catálogos de Punto Roma. Despois de quince cambios de casa sigo sen saber que facer con esa correspondencia perdida . Dame cousa tiralas ó lixo pero non me queda máis remedio. Por certo , que ofertazas teñen en xerseis de rombos os de Cortefiel.

1 comentario:

Taboada Testa dijo...

Aqui pasa igual! Estou da Vanessa Morte de Cea ( espero que de Cea non sexa....)ata a coronilla! menuda "moscosa"( polo de moscon e morosa...)debelle 1000€ a auga outros tantos ó gas! O que me fai gracia é o sinxelo que é non pagar en este país, dende que vivimos aquí xa chegaron non sei cantas cartas poñendo:
ULTIMO AVISO...e liquidandolle intereses, coño levala a xuizo que dende que non paga xa vos houbera saido mais barato!!!!.
Eu metollas o carteiro de novo pero non o pilla...segue deixandoas no noso buzón, non debe saber ler!