martes, 13 de noviembre de 2007

Ponderoso II

Non moi lonxe de Tamallancos , durmido un garaxe , agarda un Mercedes 230E do ano 83.
A tentación de mercalo é enorme , e a distancia que nos separa nestes intres son os casi cinco metros que mide. Difícil decisión . Mañá armado dunha cinta metrica comprobarei se é factible traelo para a casa e deixalo madurar uns aniños máis. Será un simple metro o que despexará as dúbidas, e no peor dos casos fará que estas se multipliquen.
Será este un simple antoxo propio dun neno grande en plena crisis dos trinta? Quedará esquecido simplemente facéndolle compañía a Ponderoso.?
Prégase opinión sinceira.

2 comentarios:

Unknown dijo...

¿E logo ós 30 tocaba unha crise?
Mecajiná, xa chego tarde!
Sejuro que agora vai vir con recargo...

Anónimo dijo...

ten coidado que non é como a viruela que so se pode ter unha vez . Eu xa vou na cuarta ou quinta.