miércoles, 11 de junio de 2008

Aclaración

Era obrigado colgar esta nota de prensa por máis dunha razón. Primeiro pra constatar a veracidade dos incidentes mencionados onte no blog e rectificar ó relativo á vella á que lle saltaron dous dentes. Son os riscos do directo. Como se pode ver na foto nin era tan vella nin eran dous dentes que era un so. Eso si , estratéxicamente situado. Outra razón para colgalo é que me consta que algún que outro lector non tardará en identificar ós feridos (marido e muller) que , dito sexa de paso , interviron nos incidentes representando a bandos opostos . Non se cando eu vos digo que este é un pobo guerreiro é por algo.
Tamén dicir que se ben o noso blog foi inexacto non o é menos o xornal La Región. A muller non perdeu o dente :chimparonllo dun sopapo que pro caso son cousas moi distintas. O dente non está perdido e saben ben del pero o malo é xa non pega no sitio.
Noutro diario de tirada nacional fálase de que os veciños durmiron no Concello pra evitar a entrada da oposición e esta contratou ó Notario de Celanova pra que tomase nota dos insultos que lles proferían, e que uns e outros remataron bañados en ovos. Como se pode ver son un concello pequeno pero de xente moi ocurrente. Canta razón tiñan os de Acuarius cando dician nun anuncio aquelo de "el ser humano es maravilloso".
En canto á telenovela que nos ocupaba estes días somentes unha pequena nova . Á hora do roubo todos os implicados menos un (deixemos a un lado ó que ainda non se deitara ) declararon diante do polígrafo estar durmindo...
¿Adiviñades a quen culpou a máquina?

2 comentarios:

Taboada Testa dijo...

Ai "gasús" que "estres"!!!ainda estaba eu coa teima do roubo e o "poligrafo"( gracias D. ferre)e agora isto!!!.
Por certo...non se me meter coa outra folla parroquial "La Región" que a min e a Maria ( non sei se a coñece "vosé") diunos de comer moitos anos!!!
Espero o post familiar como auga de Maio jaja!

ferre dijo...

O meu pai era do sector eléctrico. E se che serve de consolo a folla parroquial empeorou dende que os vosos proxenitores a abandonaron...