miércoles, 4 de junio de 2008

Outra volta por Madrid

Ainda que facía ben pouquiño que eu estivera por Madrid a verdade é que nos apetecía moito voltar. Madrid é pra nos unha estación de paso e por máis veces que vaiamos sempre atopamos cousas novas e interesantes . Ir o venres e voltar o domingo é un pouco paliza pero coma sempre pagou a pena. Ademáis de visitar á familia de María (parroquia curiosa onde as haxa) , fixemos algunhas compras por Fuencarral , dimos longos paseos e reeditamos a nosa competición de "avistamento de famosos". A cousa quedou nun dubidoso empate despois de ver a un presentador de Caiga quien caiga, a Luis Piedrahita (duas veces), a un dos choulos de Pereza , ó vello de Escenas de Matrimonio e a Zerolo.
A escusa inicial pra facer a viaxe era ir ver unha exposición do Caixaforum pero o sábado foi imposible entrar así que tivemos que agardar ó domingo pra vela. Saimos cedo do hotel , almorzamos na cafetería do Museo unha bandexa de churros que ben podería estar nunha vitrina , e vimos a exposición de Alphonse Mucha con calmiña e disfrutando do choio. Por aquelo de non perder a liña xantamos nun buffete de wok e cos pes amolecidos pero o bandullo cheo , arrancamo de volta para o triste Ourense.

2 comentarios:

Taboada Testa dijo...

Eh eh non ns deixes coa mel nos beizos e contanos algo da familia de María móllate, non vale tirala pedra e escondela man!!!

Anónimo dijo...

A rapaza da foto é a Maruxa ou Monica Geller tomando un coffe no Central Perk? (parecidos máis que razonables...)

PD: Por certo moza, noraboa! que á fin puideches ver ó Leni Kravis ise. Por certo, como supuxen, as fotos do concerto de Marlango saíron fatal, mágoa...

Víctor