viernes, 6 de junio de 2008

Caso real.


Hai poucos días apareceu perdida na páxina de sucesos dun xornal local unha pequena noticia. Durante a mañá do domingo un ladrón ou ladróns entraran nas oficinas dunha empresa de Xinzo e roubaran unha cantidade próxima ós 15.000€. Na prensa dicía que desconectaran a alarma e forzaran a caixa pero a cousa non foi exactamente así. O ladrón entrou tecleando correctamente o código de seguridade , abriu coa chave , colleu os cartos agochados na planchada nun oco polo que baixan as tuberías e marchou pechando outra vez con chave...
Así as cousas , e tras a confusión inicial , a policía xudicial fixo unhas pesquisas de trámite pero ó non atopar pegadas e ante a evidencia de que o ladrón era alguén da propia empresa , aparcou o caso.
Oito socios , cinco ou seis traballadores , e un ladrón. O inimigo na casa.
Por cuestións profesionais tocoume vivir de cerca o caso e puiden ver como a desconfianza medraba coma unha mancha de humidade ata bloquear a empresa .
Pero de pronto , cando todo semellaba perdido o xerente veu á oficina cun extrano sorriso. Quero facer unha transferencia , dixo , o domingo vaise saber todo...
Cando vin o beneficiario da transferencia non o podía crer: contratara un polígrafo profesional.
Polo módico precio de 2.2oo€ un técnico virá dende Madrid a conectarlle a máquina da verdade un por un a todos os que teñen acceso ás chaves e preguntarlle: "¿ha robado usted a sus compañeros?" .
Deus , pagaría por estar o domingo alí e poder velo.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Pordiós non lle digades nada ó meu pai do home ese...non vaia ser que lle dé por investigar cousas do pasado que xa non ven a conto, e total o seguro xa pagou...

Víctor

Taboada Testa dijo...

A verdade e que a realidade supera á ficción jaja!!Estoooo Toniño....e a foto das galiñas, a que veñen????? E que ando un pouco perdida!

Anónimo dijo...

Muller, pois está moi claro: as pitas son unha metáfora da vida...

Víctor

ferre dijo...

Non anda vostede descamiñado... Ás pitas son unha metáfora e teñen moito que ver co caso , pero en concreto estas son dunha aldea ó ladiño de Luintra.

Anónimo dijo...

Bueno, e que pasou?