miércoles, 3 de octubre de 2007

Colesterol

















Mecajinsandiez. Mañá tocame facer de volta a analítica para o choio e hoxe non se me ocurre mellor cousa que ir de pinchos. O colesterol xa o ía ter alto igual pero ben lle puiden aforrar o pincho de orella.
Esto das probas médicas é un lio. Unha vez coñecín un homíño que quince días antes de cada revisíon médica se puña a dieta. So comía verduras e non tomaba nin gota de alcohol. E todo porque unha vez cadroulle ir ó medico despois das festas do pobo e a doutora díxolle que estaba alcoholizado. Eu a tanto non quería chegar pero e que a orella vai sair na foto que nin pintada.

2 comentarios:

Taboada Testa dijo...

Ti polo menos tes sorte de saber cando che fan a proba!A min chamaronme en abril para a cita como eu estaba de tarde dixeronme que xa me voltarían a chamar...pasei fame uns días pero cando vin qu pasaba un mes dixen..."va pa que".... e en xuño zas! veña maña sen almorzar, eso foi en xuño como digo, estou esperando os probas da vista e demais...vamos que cando me den os resultados xa puden morrer e eles ainda non se enteraron!.
Bicos os 2.
Sabado exame aaaaaaahhhhhhhhhhh....

Anónimo dijo...

Bolboreta , se estas lendo esto : estudia . Apaga o ordenador e estudia .