martes, 2 de octubre de 2007

Ikea

Andamos a planificar unha viaxe a Ikea pra facer unhas compriñas que lle muden algo a cara ó piso. É ben certo que esto non parece xa o fogar dos Alcantara como dixemos en post anteriores , pero sigue habendo cousiñas que mudar.
Como o de mirar catálogos por internet é un auténtico coñazo pensei en solicitar un por correo. Pero mira ti por donde atopei unha tenda en Ourense donde o venden cun pequeno recargo do 50%. De todos os sitios donde o buscaría este sería o derradeiro pero os mundos do comercio son insospeitados. Entre dedales , chaveiros e panos de cociña coa receita do caldo ou o conxuro da queimada pensaron que sería un bo negocio revender estes catálogos a 250 km do Ikea máis próximo.
Así as cousas e se nada se torce iremos a fin de semana da ponte a pasar un par de días a Porto e encher o coche de cacharrería. Sabede que aceptamos encargos pequenos. Repito : pequenos.

2 comentarios:

Taboada Testa dijo...

De recargo nada chatin! o ano pasado a miña sogra mercouno e traia un vale desconto do importe se despois facías compra no devandito sitio e tamén eran 1,50€ e era o precio oficial oficial!
Por certo onte rompín un prato daqueles que mercamos en Madrid no find flower power, acepto reposiciós!, o caralludo morreu matando, ainda teño a queimadura que me fixo antes de suicidarse contra o chan.

Anónimo dijo...

pregase envío de fotografía para a reposición. Ainda que comín algunha vez nel so me lembro da costela que prepara o seu señor mozo.