martes, 23 de octubre de 2007

Sobrecarga.


De todas as trapalladas que mercamos en Ikea o máis absurdo foi con diferencia a báscula. Pesámonos nada máis chegar á casa e dixemos : "bueno , non estamos tan mal". O malo é que ó baixarnos en vez de quedar no cero , parouse en menos catro. Unha vez regulada o desastre foi total . Sobrannos 11 kilos. Tres a Maria , seis a min e dous a Jana.
Pesámonos ó día seguinte sen almorzar e en pelota picada co propósito de ir adelgazando ós pouquiños. Por desgracia escribo estas liñas diante dun arroz tres delicias , un rollito primaveira e unha de porco agridulce. O que se ven chamando dieta china.
Menos mal que estes chinolis están en todo e o porco resulta ser polo.

1 comentario:

Taboada Testa dijo...

Peor é pesarse en público!. O outro día fun á revisióm médica da empresa...e a cabr...da enfermeira que só tiña dentes...despois de mirarme a vista, a capacidade pulmonar, a audición....vai e di que me pese!!!Q tortura...ala fun direitiña pensando que dende que deixei a Galicia non o fixera mais! e que desgracia, pesaba tres quilos mais do meu máximo histórico eso si...se metía barriga a báscula oscilaba entre XX,5 e XX,4 e descubrin que o aire tamen pesa!!!!Por suposto metín panza e ...agora tamén estamos a dieta ( Oscar non está moi de acordo con ese "estamos").
Bicos.