miércoles, 10 de octubre de 2007

Poboacion.


É un feito estadístico imposible. No mundo hai 1300 millóns de chinos , o que significa que unha de cada cinco persoas é chinesa. Por outro lado en Faramontaos hai unhas 150 persoas , unha porcentaxe de poboación infinitesimal. A cousa non ofrece moitas dúbidas . Bueno pois ó caldeiro coas leis estadísticas , cada vez que saio , non importa a donde vaia , sempre atopo a un de Faramontaos. Xa pode ser en Madrid , en Sevilla ou no Monte do Gozo , sempre hai un de Faramontaos sacando fotos e con cara de despistado. Terrorífico.

4 comentarios:

Unknown dijo...

Hai unha excepción: cando os ianquis chegaron á lúa. Daquela o que atoparon foi un afiador de Nogueira de Ramuín, se cadra agora lle colleu a concesión un de Faramontaos...

Por certo bolboreta, espero que tiveras sorte no exame.

Taboada Testa dijo...

Gracias Víctor, creo que si saiu todo ben, a ver que pasa.
Respecto o de os de Faramontaos pode ser o de Pereda ou o de Viña...e qu Faramontaos hai moitos!!!e non todos van ser os do teu pobo!.

Anónimo dijo...

queridisimo Victor , Faramontaos pertence a Nogueira de Ramuín así que ven sendo como cando vos decides que sodes de Vilamarín. Confirmada a teoría , na lúa estaba un de Faramontaos , en concreto o tio José Cachorro.

Unknown dijo...

Meu apreciado antónimo, recoñezo a miña ignorancia: non sabía que Faramontaos pertencía a Nogueira, tíñao ubicado nun limbo espacial da provincia de Ourense.

Pra outra vou contrastar as miñas fontes, ou rematarei coma Lidia Lozano...