lunes, 1 de octubre de 2007

Traballos populares

Non foi un gran ano nos dominios dos Rivas alá por Casas dos Montes. A viña seguía coidadiña igual que sempre pero a colleita foi escasa. Apenas 29 sacos , nin a metade dos que apañamos o ano pasado. Con todo o choio que lle da e os cuartos que gastan indo e vindo a esta viña de alta montaña ben seguro que poderían mercar trinta caixas de Faustino V pero estas cousas sonche así.
Chegamos a media maña , cando xa estaba todo vendimado. O único que quedaba era apañar mazás e carretar os sacos para o camión. Había ben máis mazás que viño e houbera sido mellor idea facer sidra pero a ninguen se lle ocurriu.
Comimos churrasco e unha empanada que sabía a gloria e de volta pra Ourense que o lombo non está para moitas alegrías. En fin , que entre cousa e cousa xa pasou outro ano.

2 comentarios:

Taboada Testa dijo...

Que bonito! chegar á vedima cando xa está todo feito, eso si a comida estaba boa....que vergoña!!!!xuventude...
(maruxa dixit).
Agora que lembro non vos contei o das filtraciós do examen de atención primaria, vos que sondes post opositores ( bueno, a metade de vos). Pois un día antes do exame chegou por carta certificada á Xunta un papeliño que era nin mais nin menos o examen do dia seguinte da oposición...non se sabe que o mandou nin xq o q o recibiu non dixo nada, así q se fixo o exame ( si si o mesmo, sen cambialo...) e mira tu q hai 165 persoas q teñen todas as respostas ben...e diredes: pode ser!,.....si podería ser se a plantilla non estivese mal e contestasen a unha pregunta coma esta da seguinte maneira:
Preg: define Coidados paliativos.
e a resposta da plantilla era ANIQUILACION.( por suposto estas barbaridades de respostas "correctas"están recurridas, pero os q as acertaron manda nabizo!!!)
Pois si como o leedes, e claro destas hai unhas cantas.....en fin a Xunta e os enchufismos....
Bueno saudiños xa non me enrrollo mais, todo quedará coma sempre en auga de borrallas, q vivan as sardiñas na tixola!!!!

Anónimo dijo...

Mi madriña , canto negocio se podía facer cun papeliño deses. Se me descoido podería estar eu facendo ciruxias menores polo Sergas adiante ja ja.