martes, 18 de diciembre de 2007

Frases do día.

Seguindo co tema do frío , hoxe a modo de exercicio de campo , recollín unha escolma de frases célebres escoitadas na miña oficina:
  • "Fai un frío que nin a Virgen ". Celso Joga , ateo.
  • "Non está bo tempo nin para a matanza , con tanto frío non arranca o sal". Flora Castro , ama de casa e científica.
  • "Non se para co frío" . Manuel Pousa , xubilado que veu as oito e media en bicicleta dende Morgade a cobrar a paga.
  • "Teño os pés coma a neve". Non será de blancos señora Pura.
  • "Rebentoume o contador da auga co xeo" . Veciño anónimo de Piñeira Seca.
  • "Este ano queimou todo a xeada , non queda nin pra facer un caldiño". Manuela Soto , adicta ó cocido que pensa que a pizza so se come en Italia.
  • "Fai menos frío que onte" . Coro de voces.
  • "Marcaba o termómetro do ambulatorio tres baixo cero" . Margarita Ramos , de profesión: sus achaques.
  • "Cando saín da casa puña o coche - 14 grados" . Delfín Fernandez . Cambia de coche Delfín , a ver se ademáis do termometro van estar jodidos os frenos e temos un disgusto.
  • "A sensación térmica é de polo menos seis baixo cero". Encarnación Romero . ¿Sensación térmica?. Frío , o que fai é moito frío . A ver se vemos menos televisión.
  • "Fai un frio negro" José Cerdeiro , palista e poeta.
  • "Neste momento se doblo unha orella párteme" . Pablo Mato , interventor da oficina e aspirante a rei da comedia.
E así transcurre a vida nunha pequena vila do interior de Galiza , pechada durante o inverno por un anel de neboa que transtorna os cerebros e fai que non se lle colla o punto ó sal nos xamóns. Se non é pra tolear , que baixe Deus e o vexa.

1 comentario:

Taboada Testa dijo...

Eiland klokstr leeputstr gistel jabbeke!!!que en Dutch(Neerlandes)ven a dicir: Vaiche tanto tanto frio que teño os mocos en cubitos!
Eso si, alí as raparigas levan uns tacós de espanto e minifaldas, asi que puguillas, Victor e Quique xa sabedes...
Vexo que o blog animouse!!!! sería para suplir a carencia da sua mais fiel seguidora, aplaudo esa decisión encantame que estemos todos conectados na distancia, a que algo si me botabades de menos?
P.D. na viaxe chamaronme tacaña e bruja nun perfecto castelán asi que querido Víctor: Sra. non está mal ainda que son unha señora nova eh?
O mellor foi no hotel que deixaron unha carta dándonos a benvida e rezaba, Sr e Sra Gonzales, eles si que saben!!!!, gárdoa coma ouro en pano...jajaja