miércoles, 19 de diciembre de 2007

Lotería.

Dende uns días a esta parte , cando saio da casa as sete e media da maña co actimel na man , non podo evitar preguntarme como mudaría a nosa vida se saise premiado na lotería algún dos números que temos no corcho da entrada , xunto cos vales de desconto do Mercadona e un ticket da tintorería . En principio non teño que traballar o día do sorteo así que ofreceríame voluntario para sair no telexornal en bata de casa e coas zapatillas novas , descorchando unha botella de champán , ensinando o décimo á cámara e abrazando ós outros premiados. Bueno , eso sería se me toca o gordo , claro . Se me cae a pedrea quedo na casa.
E se toca , se toca tería que seguir collendo o actimel todas as mañas á mesma hora pero mercaría un trailer de pelotas de ténis para Jana .


2 comentarios:

Taboada Testa dijo...

Bufff!eu prefiero pensar que me toque q lotería de Facenda que ainda que dificil e mais doada que a de Ildefonso...din que esta a sair asi que deixo que vos toque a outra a vos. Que me toquen as dúas sería moi egoista pedilo e a de Ildefonso non me vai quitar de estudiar, xq no q mais levo son 20€, e dicir 30M de ptas...
Bicos a todos SORTE E BO NADAL E MELLOR ANO NOVO 2008, (q tamen ten rima fácil....)

Unknown dijo...

2008, 2008.... pois non se me escurre ningunha rima con ese número. Se fora o 69, ou 68+1 (quedando a deber)

Felices festas a tódolos blojeiros!!!!

PD: Non admito regalos. Ingresade os cartos na seguinte conta:

1234 56 789********* ;)