miércoles, 17 de septiembre de 2008

Cacofonía



Hoxe un homiño ó que por certo lle teño moito aprecio contoume unha historia un tanto extrana.
Estábamos a falar do importante que é conservarse e rosmando do paso dos anos cando el me dixo:

_ Mira , eu neso dos curas xa non creo nada . O outro día morreu o cura de San Pedro e seica lle deixou todo ós ricos en vez de deixarllo ós pobres. (...) Tiñache moito capital e deixoullo a unha empresa que teñen e que se chama Apurdeus. ¿non a coñeces? (..) Contoumo unha alí do pueblo que sabía moito do asunto.

_ Pois ... non , creo que non a coñezo.

_ Tenche a sede en Bilbao . Apurdeus creo que se chama , é moi famosa , tela que coñecer : Apurdeus.

Non foi ata un pouco despóis , cando volveu de segundas o home a confirmarme como se chamaba a famosa empresa de Bilbao cando caín : Opus Dei.
Eu,como se soe dicir son de ciencias, e non sei moi ben se esto é síncopa , metaplasmo ou rotacismo , pero aiquí algún fenómeno lingüistico foi elevado á máxima potencia.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A síncopa foi o que lle deu ó cura de San Pedro. Seica é algo que che ataca e quedas redondo no sitio...vamos, digo eu

Por outra banda vai ti saber se en euskera "Opus Dei" se di "vaipordios", ou como sexa (como a empresa é de Bilbao...)

Víctor

Anónimo dijo...

hahahahaha