lunes, 22 de septiembre de 2008

Saw IV


Nesta casa dende hai moito tempo desenrolamos un curioso gusto polas películas de terror pero hai certos pratos que ainda se nos atragantan.
Onte fixemos o primeiro intento de ver Saw IV pero foi imposible e so aguantamos dez minutos de pura incomodidade facendo yoga no sofá. Alí non había Deus que atopase postura e mentras eu miraba a tele por riba do xornal , María non paraba de porlle pegas a un asesino que xa estaba morto, e preguntándose ó mesmo tempo, se ten sentido pasalo mal gratis.
Cando xa ían alá unha autopsia , tres mortos e unha muller á que estaban a piques de cortarlle o pelo con cabeza incluida , decidimos cortar.
Definitivamente gustannos máis os asesinos brutos pero previsibles. Eu , se teño que escoller , prefiro correr diante dun home cunha machada ou unha serra eléctrica na man , que loitar contra outro que pasou quince días facendo os planos , indo polas piezas ó Bricoking , e explicandolle ó torneiro fresador por onde ten que soldar, para ó final facer unha máquina infernal a partir dunha seleccionadora de patacas marca Maturana.
Unha cousa é ser malo porque andas queimado co mundo , que non é xustificable pero podo chegar a entendelo ,e outra moi distinta ser o que a miña nai definiría como un atravesado.
Como ben dicía un amigo do instituto , hai que ir morrendo , pero sen pasarse.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Uy, pois non sabedes a de ideas que teño sacado das pelis diste jicho pra as clases de tecnoloxía!

O que pasa é que é arte pra minorías. Non se pode negar que o tipo sacaba de cada un o mellor que levaba dentro...e despois facía chourizos!

Víctor Lecter