lunes, 15 de septiembre de 2008

Un día nas carreiras

O sábado tocaba concentración de Minis . Xa o ano pasado participara indo dende Ourense co meu sobriño Gonzalo pero tiveramos que voltar cedo porque a Carolina non se lle ocurriu mellor cousa que por ese mesmo día o seu casorio .

Foi un día longo pero moi divertido. María e máis eu arrancamos cedo cara Vigo onde nos reunimos cos demáis participantes e de alí fumos en caravana ata Caldas para logo seguir ruta a Silleda.
Alí recollimos a Pablo e xantamos todos xuntos no concesionario que a Mini ten ás aforas da vila. Despóis da sobremesa saimos en procesión cara ese monumento ó absurdo que é o recinto ferial e comezaron as actividades.
Nos estabamos anotados nos karts pero tamén había paseos en cabalo , buggies e paintball. Como nestas cousas non é moi bo ir de primeiros agardamos á segunda tandada.

Puxéronnos na cachucha unha redecilla das que teñen as mozas que cortan o choped no Mercadona , e un casco que no meu caso era tres tallas m
áis pequeno que a miña cabeza. En caso de accidente non habería problema xa que non mo darían quitado sin unha serra eléctrica. Na primeira tirada a cousa non foi de todo mal . A Pablo tardou en arrancarlle o coche e eu adiantei a un par de choulos nas dúas primeiras curvas. Ese foi o principio e o fin da miña carreira como piloto de Karts . Pasei cinco minutos dando voltas en solitario e so me adiantaron contra o final cando fixen un trompo e quedei mirando para Lalín.
O malo foi o segundo intento ... Eu xa na parrilla de saída decateime de que estaba rodeado de mozos en plena floración hormonal enfundados en camisetas elásticas que debían ser do irmán pequeno de algún deles. A pinta era de que o ximnasio e as manualidades non abondaban para queimar tanta enerxía. Tamén me decatei de que nin o número 1 que lucía o meu coche , nin as miñas canas ían infundar moito respeto.

Por un principio de prudencia deixei pasar ós máis ansiosos e arranquei ó fondo como o faría o coche médico na Formula 1. Non valeu de nadiña. Dúas voltas máis tarde xa os tiña a todos na chepa... Algún chegou a adiantarme acenando cunha man ó máis puro estilo cowboy , saudando a un público estupefacto. Mesmo houbo un intre no que me adiantaron dous a un tempo , cada un por seu lado , e eu para non ser menos rematei tan florida maniobra cun trompo que deixou o meu coche mirando de novo para Lalín. Menos mal que non quedou constancia gráfica de ese momento ( que se sepa claro). Eu non sei se non me dou maña ou se o meu coche gastaba normal en lugar de super pero o que menos me doblou fixoo un par de veces. Vivir para ver.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Si é que van coma tolos....e de seguro que os tipos non tiñan seguro nin a ITV pasada!

Víctor

ferre dijo...

Canta rasón tes. E por se fora pouco o asento do meu coche queimaba polo lado do tubo de escape que nin diola...

Anónimo dijo...

Que envidia, a mi también me gustaría quedar mirando para Lalín. A ver si organizan un día de estos una concentración de "renoles".

ferre dijo...

Cando queiras . Tes ainda unha invitación pendiente de cobrar en Ourense , non o esquezas.

Taboada Testa dijo...

Se é que a idade non pasa en balde!!! ainda que non o pareza faste vello, uns anos atras daríaslle lume e deixaríalos a todos co cu o aire, agora eres responsable e tes, entre outros, unha cadela que te botaría de menos.

PD: menos mal que o Mozilla garda os contrasinais xq senon xa non lembraría como entra eiquí de novo!!!.
Benvidos, e que dure...