lunes, 3 de noviembre de 2008

Casorios varios.

Como seguro moitos sabedes , a pasada fin de semana , fumos a Madrid para unha boda dun primo de María.
Saimos de Ourense en procesión a media mañá e fixemos unha paradiña pra comer no restaurante dunha gasolinera .Alí tocounos un camareiro que aseguraba ter como primeira profesión a de humorista pero que facía unhas horiñas para completar o soldo , e que non calou un minuto dando o mellor de si nos postres.
A cousa non tiña desperdicio e viña sendo algo así:

- Un café cortado.
- Se lo corto yo o le traigo un cuchillo.

- No se preocupen que la mosca es de la casa.

- Así que ustedes son de Orense ... Pues yo tenía un amigo forense. No era médico ni nada pero tenía un Ford y era de Orense.

En fin , unha hora enteira xantando un filete recauchutado dentro dunha sesión do club da comedia...
Xa chegando a Madrid desfixose a procesión e perdémonos dentro de esa enorme tobeira que son os tuneis da M-30 . O GPS non contaba con esta obra faraónica e nos poucos momentos que collía sinal , botaba conta de que estabamos na superficie e non paraba de pedirnos que xirásemos á dereita pra tentar empotrarnos alegremente contra o muro de formigón.
Atopar o hotel puxo a proba a miña paciencia e mesmo a do propio GPS .
Ainda que consultei o libro de instruccións e non parece posible , xuraría que houbo un momento no que o dichoso trasto suspirou antes de falarme e rematou a indicación chamándome idiota.

A ceremonia celebrouse na igrexa de San Manuel e San Benito e amenizouna un cura que parecía sacado de Bricomanía e que falaba cunhas curiosas pausas e amagou con algúnha broma lixeira. Non tiven ocasíon de facelo pero houbérame gustado poder preguntarlle se tiña un irmán camareiro nunha gasolineira da autovía.

Dende a igrexa fumos dando un fermoso paseo ata o hotel onde se facía a cena e que , como seguro algúns sabedes , era o Palace.
Si si , o Palace de verdade , non unha desas imitacións que hai pola nosa xeografía adiante. E digo esto porque hai uns días na estrada de Pontevedra pasamos a carón dun Pen Club que nada tiña que ver coa literatura e que non inspiraba poesía precisamente.
O caso é que entramos no Palace como se fose o Bar Orellas , pondo cara de interesantes e de estar perfectamente acostumados a estas moquetas e dourados.
O hotel desprende un encanto especial e de verdade que paga a pena velo.
Os aperitivos foron nun incrible salón cunha cúpula de cristal que pasa por ser a máis fermosa de Madrid e o ambiente era a decir verdade , moi agradable.
Eso si , se ben a bebida era abondo pra emborachar a todos os presentes , os pinchos foron algo escasos e todos a base de frituras.
O caso é que cando saían os camareiros creabase un certo nervosismo como o que se da no Lizarran cando saen as bandexas cos pinchos , e non sabes se van a tirar para o teu lado ou para o lado contrario e , de ser así , xa te podes ir despedindo deles.

Na mesa xa pra cear sentáronnos con xente á que so coñecíamos de maneira moi remota pero a pesar do barullo propio dun salón con 300 invitados a cousa resultou bastante interesante.
O menú estivo ben pero non foi nada do outro xoves.
Eu son algo de aldea e ainda que me gusta a cociña moderna como ó que máis , sigo a pensar que a mermelada ten que ir co tulipán , o colacao, e as galletas e non co pato ou o foie , pero bueno , en cuestión de gustos xa se sabe.

Polo demáis unha boda é unha boda , xa sexa en Santo Estevo , na Zamorana ou no Palace .Os tempos e as cerimonias veñen sendo as mesmas e se cadra estas bodas de postín pecan algo de sosas precisamente por querer fuxir do común. E non é que eu este a favor de mantear ó noivo , nin de que se tiren fabas dende o campanario ós recen casados , nin de berrar que se biquen os padriños , pero algo de festa hai que facer.
Remato aclarando unha dúbida universal que seguro que vos asaltou ó saber que iámos a unha boda con tanta clase.
A resposta é si. Si , en Madrid tamén . Si , tamén no Palace , á hora do baile , os invitados que pasan dos cincuenta anos , bailan as cancións de Chenoa agarrados coma se fose un vals.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Anda que non me rin...

O máis tráxico do camareiro non é que conte o horrible chiste do café cortado. O peor é que conta ese chiste unhas 75 veces ao día.

Dende a perspectiva de quen vai no tren, a pelota de pingpong bota verticalmente. Para quen está na estación vendo pasar o tren, a pelota describe un arco horizontal.

O chiste rebota como unha pelota de pingpong contra a súa cabeciña 75 veces ao día.

Taboada Testa dijo...

Miña naiciña!!! no Palas!! se é que eu xa sabía que a Meri e a sua familia che tiñan moita categoría...Boto de menos a foto da filla do Cabezas.

PD: en galego dise "voda" querido Tonecho.
Fimado:
Real Academia da Lingua Galega.

ferre dijo...

Tes razón bolboreta , pero non me afago a tanto cambio no galego ahahaha.