lunes, 10 de noviembre de 2008

Cousas da idade.


Esta fin de semana tres parellas de amigos anunciáronnos que ían ter un neniño. Así , sen máis , tres dun viaxe. Unha delas foi o meu irmán Eduardo e a sua muller Bárbara o que me convertirá de novo en tio , dándolle unha volta enteira ó noso reloxo biolóxico...
A cousa diume moito que matinar e a verdade é que o venres costoume coller o sono. Puxenme a ver a tele e nun dos canles puñan a enésima reposición de "Depredador II" . Alguén estará xa a pensar que ten que ver esto cos embarazos . Pois si , si que ten que ver, e moito.
O caso é que enganchei a película xa pola metade , xusto no momento no que esa especie de mostruo feito con corpo de home , cabeza de xabarín , caparazón de nécora e rastas de Bob Marley , entraba nun vagón de metro , e comezaba a picar xente coma se fose zorza pros chourizos. O bicho andaba ó seu corta por aiquí e esmaga por alá , cando de pronto á hora de tronzar a unha muller policía , detense, faille unha radiografía , é ó decatarse de que estaba embarazada non a mata , senón que a tira a un lado. Como quen di volve a botar a troita ó rio...
Eu , no medio de tanta confusión pensei: Meu Deus , se agora viñese o depredador ese ó barrio da Ponte , nos seguro que pasaríamos a ser recheo para morcillas de cebola . Como non nos dise por meter a Jana por debaixo do xersei íamos aviados.
Tres embarazadas , duas con nenos recén nacidos , outras parellas tentando telos... Non saberán estes algo que nos non sabemos? Agardo que non.
En fin , noraboa ós premiados.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Mira que me parto!!
COn jana debaixo do xarsei!!

Taboada Testa dijo...

Home tonecho.....os 2500€!!! eso e a idade, que xa "enchegando" os 40...xa se sabe,...o dito vou mercar un "trator"
PD: ¿¿¿coñezo as outras duas parellas ou ainda e segredo????

Anónimo dijo...

Será o que di un amigo: "Seguro que houbo unha orxía na que non me invitachesde, porque esto non é normal, cago en ...."

ferre dijo...

Calquera invita a ese a unha orxía ...