lunes, 10 de noviembre de 2008

Untos

A semana pasada unha clienta moi salada , desas que veñen a diario á oficina , diume unha explicación pseudocientífica sobre o problema da obesidade na comarca da Límia , que paga a pena compartir neste blog.
Seica a ausencia de "tipos finos" na zona non é unha característica xenética especial , senon a suma de dous factores ben diferenciados : tractores e cocidos.
A cousa ben sendo así : " Os homes en canto casan , bótanse ó cocido e ensanchan coma porcos , e logo de andar nos tractores os corpos defórmanse".
A que mo contou por suposto era de tipo ancho pero o seu caso é diferente porque ela puxose así co embarzo ( o neno xa ten doce anos , pero a grasa é o que ten , que é moi cariñosa) e toma corticoides.
O que ten que ser o non vai máis é a suma de tractor + cocido + corticoides.
En fin , que despois de oir esta fin de semana que unha directora de cine francesa fixo un documental sobre a bata cruzada galega , brindo desinteresadamente este amplo campo de estudo para canto científico esté interesado nel. Non pido nin sair nos agradecementos .

2 comentarios:

Taboada Testa dijo...

Vou ter que mercar un "trator", para ter excusa, por que filliños eu non teño.....

ferre dijo...

Postos a mercar un tractor , mellor merca unha bici estática ;)