jueves, 6 de noviembre de 2008

Indicios

Meditei moito sobre se sería boa idea rescatar para este blog aquela vella historia do roubo e o polígrafo que nos tivera en vilo alá polo mes de xuño , e non estaba seguro de colgar este post porque naturalmente non houbo un final feliz. Semella claro que algunhas sementes son capaces de prender ata no formigón e a desconfianza é unha delas.
Un dos socios , o único que afirmara estar desperto ás oito da mañá do día de autos , foi formalmente acusado polos seus compañeiros. Esta vez non se cumpliu aquel dito de que a quen madruga Deus o axuda e máis lle valía quedar na cama vendo as reposición do coche fantástico como fai todo o mundo.
Ningunha proba e unha manchea de pequenos indicios situarono ó borde do abismo e cunha marca difícil de borrar.
En fin , que o pobre home , inocente ou non , non xestionou moi ben que se diga a situación , e cada paso que diu dende o día do roubo , foi interpretado polos compañeiros como unha proba da súa culpabilidade.
Por razóns profesionais tiven que escoitar ambas versións e xuntas dan para facer un catálogo de cousas a non facer despois dun roubo
  1. Nunca , repito , nunca lle pidas a un amigo Garda Civíl , que se preste a facerche de coartada.
  2. Tampouco saques antes de enfrentarte ó polígrafo , uns consellos tirados de internet sobre cómo enganar á máquina , e se o fas , non llo ensines ós demáis nin o deixes na oficina. Pode que con esto os convenzas de que se pode enganar ó ordenador pero dende logo non irá na túa axuda.
  3. Se te acusan e decides que así non paga a pena seguir na empresa , non negocies á baixa a indemnización que che terían que dar.
  4. Xa metidos no fregado do polígrafo , cando te entrevisten , non te esquezas de pestanexar. Seica falar de máis e quedarse encasquillado sen pestanexar é como firmar unha sentencia de culpabilidade.
  5. Se na empresa se fala de mallar no ladrón , ti non te achiques e di que te ofreces para traer os estadullos da casa. Moito interés en pasar páxina é sinónimo de pouco interés en atopar ó culpable.
  6. Non deixes que che comuniquen o despido nunha pizzería , porque hai moito barullo e ás veces non se entende moi ben o que se fala.
  7. Como queira que o roubo foi de diñeiro , non te excuses decíndo que precisamente eso a ti é o que che sobra.
  8. Pensa antes de falar.
Agora , cabezotas como son os desta aldea terremota , non están dispostos a deixar pasar a ocasión e van de cabeza a un xuicio que promete sentar xurisprudencia na historia do absurdo. Xa metidos no medio e postos a gastar en polígrafos , e avogados , rentabilizalo facendo dano.
A sentencia está clara " se no xuicio non sales culpable non é porque non foras ti , senon porque non o podemos demostrar" . Lóxica pura, vaia.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Estupendo, como siempre, jajaj...Que recuerdos!!!!!. Toda una lección de criminología. Y lo mejor es ponerles cara....

Anónimo dijo...

O final é chungo, é...

E ao final van acabar pagando as costas.

ferre dijo...

Vaia se rematarán pagando as costas pero esa conta tamén a teñen feita. 24M euros de roubo + 1,8M euros de polígrafo + avogados +.... .Por 1500 euros máis por cabeza fan un linchamento e quedan a gusto.

Xurxo: Non mudou nada dende que marchaches ... seguen sendo igual de choulos e testarudos hahahaha.

Anónimo dijo...

Machiño, se lle mandas a idea ós irmáns Cohen fanche unha peli de sete estralos e medio. Pero mellor espera a que corra o sangue, que vende máis, e tal como anda o choio non han tardar moito.
Risas son risas, pero por menos empezou a cousa en Puertourraco e agora sabe o conto todiós...

Fdo: Un home do Sur, segundo se baixa a man esquerda.

ferre dijo...

O de Puertourraco xa se poden ir apuntando ó Gran Prix porque a fama vaiselles rematar ...