sábado, 18 de agosto de 2007

Verbena: festa popular nocturna.

Todas as verbenas son a misma. Un ritual , unha liturxia , unha tradición repetíndose unha e outra vez , ano tras ano pola nosa xeografía. Poucas cousas resistiron tan ben o paso do tempo e se mantiveron alleas a evolución da vida nestes últimos 30 anos.
Ó igual que no parchís , en cada pobo teñen as suas normas pero hai cousas que non poden faltar:
- Campo da festa. Se é de cemento mellor (esto dase máis nos concellos do PP) , gasta algo os zapatos pero non se levanta tanto polvo. Se e de herba ségase un ou dous días antes e listo.
- Bar da comisión Especie de barra de bar situada nunha esquina do campo , feita de madeiras , caixas de cerveza e o plástico das fresas, na que os mozos do pobo reparten cubalibres e cacahuetes a prezos populares
-Orquesta ou disco-movil. Aiquí é onde se dan as maiores diferencias e é onde se nota se hai cuartos ou non. Existen categorías coma no futbol. Nos xogamos en rexional preferente.
-Vendedora de cousas pra nenos: gominolas , pipas , cámaras de plástico , equipos de vaqueiro , papaventos... Ven sendo unha muller cun chaquetón e un can no colo tipo pekinés, unha mesa , un toldo e unha bombilla.
-Paisanaxe. Aiquí hai moitos grupos: os matrimonios que bailan todas as pezas igual , así sea un merengue , un vals , un tango ou unha do Bisbal .Os borrachins que saudan a todo o mundo , a mocedá cos seus amigos traidos da capital , os vellos que xa que pagaron van ver a orquesta , os da comisión que fan coma se foran os donos do pobo , os nenos que corren toda a noite entre a xente , o que tira os fuegos... Coma nunha lei universal as porcentaxes de poboación repítense sen importar o tamaño do pobo , de xeito que se este é moi grande haberá dous borrachíns en lugar de un solo e así sucesivamente.
-Cartel das festas. Aiquí metese de todo : dende a misa , as orquestas , os xogos pros nenos , a sesión vermú... A pesar da chegada dos ordenadores , siguense facendo igual que hai vinte anos .
-Muiñeira de despedida. Ven sendo a derradeira peza e xa todos borrachos , novos e vellos , esquecen diferencias , os pleitos por un marco movido , a vaca que paceu no millo do veciño etc , e abrazanse para facer un corro pra dicir adeus á festa. Ven sendo como cando se da un a paz na misa , que anuncia o final e xa as mulleres collen o bolso pra marchar.
Na de onte en Tamallancos a orquesta Mediterraneo non o fixo mal de todo . Os pobres gastaban uns traxes brancos de chaleco cunha camisa añil de raso ó estilo de Tony Manero , que lles sentaba coma un escopetazo. O solista parecía un taberneiro e a cantante femenína conocese que andaba cansa porque nos regalou unha peza escondida tras os altavoces.
O mellor das verbenas é que o que lle falta á festa pono a xente. Da igual que a música sea horrorosa , que faga frio , que poñan garrafón , que haxa que traballar ó día seguinte... Os vecíños crécense ante a adversidade e pasano mellor canto máis triste sea a verbena. Nos pasámolo ben , vaia.

No hay comentarios: