Ímos de festa. Agardamos que a comisión se estirase este ano algo máis e haxa un fulión como Deus manda , que outros anos facíano cun farol e un bombo. Hoxe só había xogos infantiles (carreiras de saco , de pes xuntos e esas cousas , nada de pleiesteishon nin equisvos). Maña orquesta Mediterraneo e sesión vermú. Un platazo para o día grande. Estades todos convocados. E pasado Discoteca movil... .Acudide.Meri seguramente aguante ata o final , coma sempre. Non sei que gracia lle fai estar alí pasando frío nese lameiro e soportando ós músicos que polo que cobran non fan nin por disimular que é playback. Pero claro , como son os seus amijotes , hai que roelo. Eu que teño algo máis de vergoña , non lle fago pasar por ese trago nas festas de Faramontaos , que veñen caendo no mesmo día. .
Tentaréi sacar fotos pero non é seguro. Non vaia ser que pe espeten un guantazo , que estes en canto toman unha copa perden o sentido do humor

No hay comentarios:
Publicar un comentario