lunes, 20 de agosto de 2007

Primeiro día.

Voltar ó traballo despois duns días de vacacións é sempre complicado. Cando puxen o traxe as sete da mañá pareceume pesado como o chumbo. O día liouse dende o principio. Non sei por que razón todo o mundo se empeña en decirche que se remataron as vacacións , coma se eu non o soupera. Igual pensan que vou aguantar as súas parvadas por gusto ou porque me caen simpáticos.
O peor de todo foi descubrir ó sair da ducha que non adelgazara nin un triste gramo despois de vinte días facendo deporte e vida sana. A miña barriga está aiquí pra quedarse.
Facer deporte non é a solución. Despois de darme unha paliza ó baloncesto o que máis me apetece é un bocadillo de nocilla así que a conta é sinxela: calorias queimadas unhas 250. Bocata inxerido unhas 300. A máis deporte máis barriga.
Pasar fame tampouco é a solución , é máis , con todo o que está pasando no mundo , non comer puidendo facelo pareceme unha frivolidade (con esto non quero dicir que a miña gordura sea culpa do terceiro mundo). En fin , así están as cousas.

No hay comentarios: