jueves, 30 de agosto de 2007

Desconxelado

Os nosos plans seguen o seu curso . O segundo paso da mundanza era deixar o piso de Xinzo. Facía máis dun ano que non entraba nel e o que alí me agardaba non era moi agradable que digamos. Nada máis entrar decateime de que os fusibles saltaran. O primeiro que se me veu á cabeza foi o conxelador. Cando o abrín soou como o descorchar dunha botella de champán. Nin o Grissom de C.S.I houbera sido capaz de averiguar o que alí dentro había. Todo se descompuxera ata licuarse , bueno , todo menos os guisantes que mantiñan o tipo estóicamente. O cheiro era indescriptible e tan pastoso que se podía cortar cun coitelo.
Podedes imaxinar o que foi limpar esta desfeita. Aquelo parecía Chernóbil . Limpaba uns segundos e saía á terraza a respirar. Agardo que os gases non me afectaran á cabeza e non acabe soñando con guisantes mutantes que atacan o Centro Comercial Ponte Vella. O resto do piso limpouno María así por riba que tampouco era o caso de matarse moito e a pobre xa estivera limpando o novo piso toda a mañá coa axuda de Ester. Ademáis a fregona estaba casi petrificada e tardou en coller forma. A cociña quedou aireándose para ver se non parece que gardamos un morto baixo o fregadeiro . Quédame a lección aprendida .

No hay comentarios: