viernes, 24 de agosto de 2007

Sobredose de churrasco

Fumos pasar a tarde ó Mosteiro de Carboeiro , moi preto de Silleda con Carlos e Roberto .Tardamos case unha hora en chegar pero pagou a pena. Carboeiro é un fermosísimo mosteiro do século XII agochado entre as fragas do Deza , nun auténtico paraiso vexetal e unha arquitectura que invita a soñar. Á volta cruzamos os montes do Faro e a Martiñá co anoitecer a correr tras nos.
Xa de volta acordamos cear no restaurante da gasolineira nun claro exemplo de antoxo de churrasco , e alí marchamos todos ás dez da noite . Coma no local había pouco persoal tardaron moito en por a cena e diunos tempo de darlle un repasiño a todo o pobo nun improvisado concurso de Mister e Miss Vilamarín 2007. Houbo opinións para todos os gustos.
Para ben o día tería ter que rematado aiquí pero non foi así. Coa barriga chea a noite fíxose pesadísima e a María diulle por teimar sobre cuestións existenciais e espertoume as tres e media da mañá , como facía Epi con Blas pra preguntarme se estaba durmido . Tamén acordou que non pechara a persiana do sótano e foi facelo.
No camiño atopou unha araña que cos efluvios da noite pareceulle a máis grande e peluda que vira na súa vida. Así postos , entre familia , araña e lentellas a pobre non pegou ollo.
Eu por sorte non padezo desas dores. A min os bichos nin fu nin fa e a familia máis ou menos coma os bichos.
Cando soou o despertador tiña máis sono que ántes de deitarme. Non lembro ben como din chegado á ducha e agradecín moito non ter que arranxar a perilla nin nada polo estilo.
Ó sair decateime de que as chaves da casa estaban na porta polo lado de fora. En fin , tanta leria coa persian e houberan podido entrar polo portón. Menos mal que temos un can de raza churrasquera que ademais de ter fame a todas horas e garda a casa.
O fin do verán anda cerca , nótase no ar . Todo o mundo ten presa por facer cousas antes de que se lle rematen as vacacións e non hai noites pra tantas ceas.

1 comentario:

Taboada Testa dijo...

Jajaja, teño que lembrar a algunha xente que uns poucos privilexiados,....AINDA NON TIVEMOS VACACIOS!!!!!!.Asi que oxala remate proto o veran das narices!!!.