miércoles, 22 de agosto de 2007

O vendedor de festas.

Hai un par de días fumos tomarlle un café á noite na taberna do pobo. Ó noso lado dous homes falaban tranquilamente diante dun plato de xamón. Sobre a mesa tamén había unha carpeta con fotos , un almanaque e unha calculadora. No chan descansaba un maletín ríxido de cor negra. Nun primeiro momento pensei que se trataba dun representante dalgunha marca de salchichóns pero non tardei en darme conta do meu engano. Tratábase dun xenuino vendedor de festas. O que eu imaxinaba un catálogo de embutidos non era si non un muestrario de orquestas , luces de cores , e fogos artificias. Naquela mesa estabase a negociar o día máis grande dun pobo. Tentei sacarlle unha foto co teléfono pra poder colgala no blog pero despois do arriscado da reportaxe o día da verbena , non quería volver a tentar a sorte. Se vedes por aí un home con camisa de cuadros , pelo castaño moi cortiño e un maletín negro , sede amables con el porque , se lle caedes ben , pode que actue na vosa festa Tony Perez y los Arquinos.

No hay comentarios: