lunes, 17 de septiembre de 2007

100 metros lisos.

O venres celebrouse unha curiosa reunión de veciños en Tamallancos. Tratábase de chegar a un acordo sobre a reforma do campo da festa. A cousa non pintaba moi divertida pero nin corto nin perezos alí me fun pra facer algo de bulto. Non faltou quen me preguntase "por curiosidad" se era do pobo . Non , dixenlle , pero estou a tempo de selo.
A xente foi vindo pouco a pouco e agardouse ata as 8:20 por se algún quedara rezagado. A esa hora chegou un home maior , fuertote e de pelo cano , que fixo a primeira suxerencia da tarde: "eu penso que había que suspender a reunión".
Seica morrera inesperadamente un veciño do pobo (inesperadamente ós 96 anos , na flor da vida vaia) e sería unha "bonita homenaxe" suspender o evento. Como queira que levabamos alí media hora agardando e ó morto xa tanto lle tiña o campo da festa , decidiuse seguir adiante. Ó home non lle pareceu moi ben e enseguida soltounos "bueno ,empecemos puntuales entonces .Total,o que se diga aiquí non vai valer de nada". Manda narices . Cando fora el o único que chegara tarde!.
Xa metidos en materia discutíanse as posibilidades de reforma do campo con tres posicións ben diferenciadas:
A) Pista de cemento por arriba. (versión maioritaria)
B) Pista de cemento por abaixo. (sen defensores dentro da reunión)
C) Proposta Pejerto . (pista polo medio e todos á taberna)
Así de entrada non parece moi difícil. Todos coincidían en non estropear o campo deixando o centro libre e sen asfaltar.
A primeira intervención fixoa un veciño maior e baixote que calzaba unha curiosas alpargatas "de verano". Ó home o único que lle preocupaba era que no fixeran estorbos pra que se puideran "correr os cen metros lisos o los cen metros vaias". Nos tres minutos que falou dixo non menos de 10 veces o dos cen metros lisos e os cen metros vaias. Que si cen metros lisos por aiquí , que si cen metros vaias por alí , chegou un momento que a xente non sabía onde meterse. Eu pensei que non aguantaba a risa e na presidencia non acababan de crer tan disparatado discurso.
Ó bo do señor non había quen o quitara dos seus afáns velocistas. Nun intre , xa por cortar o tema , un veciño díxolle que si se facía unha pista de tenis ou futbito no fondo do campo , podíanse correr os cen metros lisos igual. Pois nada , que non podía ser xa que non se da frenado e "non vas a rematar os cen metros lisos ou os cen metros vaias contra a pista de tenis". Ademáis a cousa ten que quedar libre "por si se fai un evento , un concierto ou un funeral"
Tiven que marchar antes do final e non pensedes que non me diu pena. Coma sempre supoño que todo quedará en nada . Entre uns que entran desacreditando o que decidan os veciños , outros que din que o campo é deles , os menos que defenden que non se poña nada non vaia ser que veñan o de Amoeiro e nos quiten o sitio ,e os que so lle preocupa que naquel patatal se poidan correr os cen metros lisos ou os cen vaias , pouco se podía facer. Haberá que seguir tentandoo.
Dende logo ,quede como quede, eu non penso ir correr alí.

1 comentario:

Taboada Testa dijo...

Moi moi interesante de verdade pero...non fixestedes este "find" algo mais?????????Por exemplo UNHA BODAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA que ro fotos , cotilleos e ver a garabata laranxa do Zopi!!!!!!