jueves, 20 de septiembre de 2007

Mini

78 Minis cruzando as estradas do sur de Galicia e alí estabamos nos , co pequeno Sputnik roxo .
Primeiro reunímonos en Vigo no concesionario , e coma se dunha competición de autos tolos se tratase saímos todos disparados rumbo a Caldas atravesando a cidade nunha fermosa mañá de sábado e despois a toda velocidade pola autopista. Xa en Caldas volta a xuntarnos cos coches que viñan da zona de Vilagarcía . Tras unha breve pausa e precedidos por un impresionante Cooper amarelo e branco arrancamos paseniño cruzando estradas comarcais , metendo algo de ruido e disfrutando da paisaxe. Lucía un sol dourado cando por fin chegamos ó recinto feiral de Silleda. Alí invitáronnos a xantar nun ambiente festivo e aínda nos diu tempo de ver o show que un portugues medio tolo facía con motos e coches . Magoa ter presa sempre , magoa ter que aturar sempre tanta despedida.

No hay comentarios: