viernes, 21 de septiembre de 2007

Jana 3:15

A nosa cadeluxa anda pachucha. Seica lle sentou mal un dos caldos que lle dimos. Anda pesarosa pola casa adiante e cos horarios descontrolados. Pola noite , a eso das tres da madrugada despertounos , puxo cara de estar ó límite do seu aguante e non me quedou outra que sacala a pasear , non fora o demo que confundise o cesped artifical da galería co xardín . Na rua non había ninguen, nin sequera coches. So atopei un borracho que paseaba dando tumbos polo medio da estrada. Cruzamos unha mirada sombria no silencio mesto da noite. Dende o fondo dun cartón de Don Simon o home sorriu ó ver a un parvo amarrado a un can a esas horas da madrugada.

4 comentarios:

Unknown dijo...

boas!
Casualmente eu tamén teño unha cadela mala (a algunha lle tiña que tocar, é cuestión de estatística...). Neste caso requeríu cirurxía (meu pai co bisturí e eu coa anestesia-inmovilización). Omito detalles máis escabrosos, pero a evolución é satifactoria (tanto House tíña que valer pra algo...)

Un bico pra bolboreta e demáis galegos na diáspora,esto é coma o Xabarín Club: cada vez somos máis!

Taboada Testa dijo...

Eu non teño cadela....bueno...a Maruxa conta como cadela???? ela ladra as vecea e rincha os dentes....si si decididamente si conta como cadela, pero sacaa a pesear o Elixio....

Anónimo dijo...

Pero que bruta eres bolboreta.

Taboada Testa dijo...

Bueno rectifico...., a verdade é q ue despois de publicalo arrepentinme pero...as veces case o merece.....mea culpa estoume a flaxelar...