lunes, 24 de septiembre de 2007

Diñeiro.


Non hai nada máis asqueroso que o diñeiro. Bueno , tal vez as libretas de aforro. A metade das infeccións que se transmiten por contacto viaxan en billetes de cinco euros. É incrible a cantidade de porquería que pode chegar a ter un papeliño destes tras cambiar milleiros de veces de mans.
Uns que si os gardan no escote , outros no refaixo , outros en carteiras traidas de Suiza en pleno franquismo . No Banco algúns ousados atrevense a mollar o dedo pra contalos arriscandose a coller ata a malaria.
Un día ,o abrir unha cartilla de aforros que me traía un homiño , caeu no teclado do ordenador unha mosca aplastada e disecada. Pobriña , en que momento se lle ocurriria entrar alí.
Hoxe a impresora financieira non daba lido unha cartilla. Aforrarei detalles pero cando a saquei para ver que lle pasaba , o que a banda magnética tiña pegada non era deste mundo.
Puxen cara de poker e cun nudo no estómago e díxenlle ó cliente que non funcionaba a máquina. Xesus, qué cruz.

4 comentarios:

puguillas dijo...

Muy buenas desde las tierras de los topillos, por fin he conseguido entrar para comentar¿Qué era lo que había?, ya me has dejado intrigado

Anónimo dijo...

Era como un megamoco con algo sólido pegado a el. Tiña forma de verme e a cor do dulce de leite.

puguillas dijo...

A proxima vez chama ó CSI

Taboada Testa dijo...

Agora quen ten curiosidade son eu!!! non polo moco valgame deus q noxoooo, senon por saber quen esta na terra dos topillos ademais de min, Carlos? supoño que si.
Gústame ter a todos localizados. jaja bicos a Carlos...semello a Patricia Conde...bicos a todolos topillos...bueno so a mil, q se non gástanseme os bicos.