miércoles, 26 de septiembre de 2007

E ali vai outro dia.

Jana hipnotizando un anaco de touciño.

Hoxe foi un día longo. Día de reunións importantes no choio e de moito coche. Por sorte aínda nos diu tempo de comer xuntos unha pizza en Vigo e de facer algunhas compras . Libros , zapatos e outras parvadas.
De volta en Ourense fumos facer a compra no Eroski que temos cerca da casa . Xa era tarde e como todos os días estaban chegando os xitanos. Traían unha furgoneta destartalada de cor roxo e pintada cunha franxa ó estilo Equipo A pero con cortinillas na parte traseira. No frente , as bandas estaban feitas con cinta aislante. Non sei , a min resultame gracioso o barullo que meten coa música de gasolineira a todo volumen e esa tropa de nenos morenochos. Ós do supermercado seguro non lle fai tanta gracia velos aparecer sempre a última hora. Onte seica un dos rapaces empezou a apañar noces e rompelas contra o chan deixando o Eroski coma un cortello. O peor de todo é que calquera lles di nada.
Xa na casa , no canal 6 de R estaban a por "Muñeco diabolico 3" pero non me daba a cabeciña pra tanta marioneta.

1 comentario:

Taboada Testa dijo...

Pois nos onte facendo "zaping" ( non sei se este térmono xa está acuñado pola real academia da lingua...), bueno o caso que paramoa na Tv2 si si como o leedes e non , non había un documental....poñían a esa hora as 11 ou así, MUCHACHADA NUI. que seica e un remake de LA HORA CHANANTE, q como xa sabedes eu so vexo convosco, (non somos ricos e non temos tele de pago...), en fin como dicilo, pa-te-ti-co, e un humor dese que eu digo: de homes!!! vamos q a intelixencia suprema da muller non chega a entender, será q é tan básico q non fai gracia...sei q esto vai levantar ampoias, (así damoslle vidilla ó blog).
So rin cun chiste que fixeron dos carteis electorais e o Fraga, lembrando a famosa foto de marras q ainda debe ter na súa casa enmarcada dado q lle sacaban 20 anos ou mais de enriba.....
Maña contareivos o das oposiciós a ATENCION PRIMARIA DA XUNTA, hoxe non q senon escribo moito mais co Antonio e non pode ser....bicossssss