viernes, 21 de septiembre de 2007

Granxa


Por fin despois de case tres anos sendo propietarios dun poleiro , pechamos a nosa granxa. Non pensedes que non nos diu pena liquidar as pitas , pero se non o fixemos antes foi por falta de valor. As pobres no medio de tanta mudanza estaban desatendidas. Seica é moi sinxelo matar un bicho destes pero nos non fumos capaces. Sentinme coma Al Capone cando lle encarguei a Pepe do Curuxal que fixera o traballo sucio e despachase as cinco inquilinas que sobreviviran ata agora. Foi un choio fino , sen deixar rastro , de xeito que un bo día foron os pais de María a recoller os ovos e alí xa non había nada.
As pobres cariñosas , o que se di cariñosas non eran pero sufridas eran un bo rato , e xa ían moi velliñas. Ó principio non dabamos comido os ovos que puñan pero co tempo foronse asilvestrando e adicaronse á vida contemplativa. De ser unha granxa en toda regla pasou a ser un Gran Hermano edición Galiña . Coma se de Jurasic Park se tratase aprenderon a saltar a vaia e colonizaron a finca sementando de ovos os lugares máis insolitos. Unha delas chegou a atacar a Jana amagándolle un picotazo cando esta lle quería cheirar o cu.
Non é por falar ben delas agora que non están pero eran un grupo moi peculiar que foi a menos nestes anos. Ademais das que aprenderon a sair do galiñeiro tivemos unha que estaba de baixa psicolóxica . De cando en vez daballe por correr como se a seguise o raposo e facer movementos compulsivos. As demáis pitas picabana cando pasaban ó seu carón e ela puña sempre cara de estar facendo unha suma de cabeza.
Non sei , supoño que cando chegue a primaveira voltaremos a traer unha remesiña nova pero xa non será o mismo.

2 comentarios:

Taboada Testa dijo...

Bueno queridos dado que xa non hai ovos frescos, sabrosos , turxentes...(que lembranzas...), a nosa amizade rematou!si si recoñezoo, era por interés!!!os ovos eran xa o noso único punto de unión. Foi bo mentras durou.
Agarda un intre, ainda hai leitugas non??? coido que todo se poderá arranxar.....

Anónimo dijo...

Ja ja, non , penso que tampouco quedan leitugas e se quedan serán tamén silvestres. Non se da feito con tanta facenda.